Esta iniciativa incorporará tamén durante a tempada 2023-2024 o balneario de Guitiriz, que se sumará aos de Lugo, Pambre e Pantón para ofrecer ás persoas maiores de 50 anos da provincia e os seus acompañantes descontos en diferentes tratamentos termais nas modalidades con estancia e sen estancia
Lugo, 20 de outubro de 2023. A Deputación de Lugo vén de aprobar unha nova edición do programa Lugo Termal con dúas novidades principais para a temporada 2023-2024: máis investimento e máis prazas. Así o anunciou a Voceira socialista, Pilar García Porto, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, na que informou que a institución provincial lanza de novo este programa de descontos para tratamentos termais nos balnearios da provincia para ás persoas maiores de 50 anos.
O programa estará dotado este ano cun investimento de 91.000€, o que representa unha subida de case un 30%, e se pasará de 1.025 a 1.300 prazas, o que supón tamén case un 30% máis. Ademais, incorpórase aos balnearios de Pantón, Pambre e Lugo o de Guitiriz, en funcionamento dende o pasado mes de maio.
O aumento das prazas “é unha aposta moi importante que facemos dende a Deputación”, sinalou García Porto, que comparou as que pon a disposición a institución provincial coas da Xunta de Galicia para toda a comunidade autónoma, un total de 1.204. “Se temos en conta que o Orzamento global da Xunta é 120 veces superior co desta institución provincial, é evidente que estamos facendo un gran esforzo para potenciar a economía vinculada ao turismo termal e para apoiar ós establecementos termais da nosa provincia, fomentando a súa actividade en tempada baixa”, valorou.
Concretamente, o programa contará con 825 prazas con estancia: 50 no Balneario Termas de Lugo, 400 no Balneario Río Pambre, 300 no Balneario de Guitiriz e 75 no Hotel Balneario Augas Santas. Ademais a Deputación ofrecerá outras 475 prazas sen estancia: 150 no Balneario lucense das Termas, 150 no Balneario Río Pambre, 100 no Balneario de Guitiriz e 75 no Hotel Balneario Augas Santas.
Explicou a Voceira socialista que a través do Lugo Termal “favorecemos o benestar e a calidade de vida dos veciños e das veciñas da provincia, ao tempo que impulsamos a actividade económica fomentando o turismo termal”.
Nesta nova edición, a número 12, os beneficiarios do programa terán coma sempre descontos en función da modalidade –con estancia ou sen estancia- e tamén, como en anos anteriores, haberá diferentes técnicas e tratamentos a disposición das persoas usuarias.
Unha vez aprobada a nova edición do programa Lugo Termal, as bases terán que publicarse no Boletín Oficial da Provincia e a previsión, informou García Porto, é poñer a disposición da cidadanía os descontos a finais de ano.
Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais da provincia de Lugo
Por outra banda, a Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do contrato por un importe de 91.000€ para a prestación do servizo de actualización, análise, mantemento e mellora da Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais da Provincia de Lugo.
Esta enquisa constitúe un inventario estatal dos servizos de todos os municipios de menos de 50.000 habitantes –que na provincia son todos menos a capital-, e trátase do instrumento básico de valoración das necesidades dos concellos a efectos da cooperación económica local por parte do Estado. O prazo de execución é de 6 meses unha vez iniciados os traballos.


















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



