Realizaranse servizos de control e vixilancia do tráfico nas vías interurbanas por parte da Agrupación de Tráfico da Garda Civil
Lugo, 9 de outubro de 2023. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, participou hoxe no inicio da campaña da DXT para o control especial sobre distraccións ao volante, un dos factores concorrentes nun 31% de accidentes mortais. Presentaron a campaña na nacional sexta, á entrada da cidade de Lugo, onde a subdelegada estivo acompañada polo tenente e xefe adxunto do subsector de Tráfico da Garda Civil, José Manuel López Santiso, así como o presidente da Asociación de Lesionados Modulares e Discapacitados Físicos ASPAYM, Francisco Javier Vieites e o vicepresidente da asociación, Manuel Vázquez.
Debido á alta porcentaxe de accidentes que se producen nas estradas convencionais e coincidindo coa ponte do Pilar, desde este luns 9 de outubro e ata o domingo 15 reforzaranse controis nos tramos máis perigosos coa presenza das patrullas integrais de motoristas da Agrupación de Tráfico da Garda Civil. Estarán equipadas con medios portátiles para realizar accións de control de velocidade e probas de detección de alcohol e drogas de forma automática sen necesidade de apoio dos Equipos de Atestados nin dos de control de velocidade.
Na provincia de Lugo, durante o ano pasado as distraccións ao volante estiveron presentes en 8 dos 17 sinistros mortais rexistrados en vías interurbanas, é dicir, máis do 45%, así como no 40% dos accidentes con persoas hospitalizadas e no 26% do total de sinistros con vítimas.
No que vai de 2023, en 4 dos 9 sinistros mortais rexistrados na estrada volveu a intervir este factor (45%, practicamente como o ano pasado). En canto ao total de sinistros con vítimas, a cifra tamén é elevada: un 37%.
Campaña
Esta campaña enmárcase dentro da Estratexia Española de Seguridade Vial 2030, de acordo cos parámetros da Axenda 2030, co obxectivo de reducir o impacto das condutas de maior risco mediante a aplicación das novas tecnoloxías, en particular, a vixilancia do uso do teléfono móbil.
Isabel Rodríguez fixo un chamamento á cidadanía para “alertar da importancia de centrar a atención na circulación, pois durante os últimos anos, os meses de outono adoitan ser a época con máis accidentes: 7 falecidos en 2019 durante o período setembro-decembro, 6 en 2020, 4 en 2021 e 6 en 2022”.
Así mesmo, explicou que “esta campaña é esencial para contribuír á redución de actitudes que poñen en risco a seguridade da circulación, así como as vidas dos condutores e condutoras”, agradecendo “o compromiso dos corpos e forzas de seguridade para detectar estas condutas irresponsables”.
Un 76% dos condutores españois recoñecen conducir o seu vehículo mentres están distraídos con certa frecuencia. O 23% afirma que realiza un seguimento de mensaxes de texto no seu móbil ao volante, e un 22% recoñece falar por teléfono sen o dispositivo en mans libres.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



