As persoas interesadas deberán cubrir a súa solicitude na Casa do Concello ou na Casa da Cultura
Cervo, 28 de outubro de 2023.- O Concello de Cervo pon a disposición da veciñanza preto dunha vintena de colectores marróns, instalados en puntos estratéxicos do municipio, co obxectivo de facilitarlle á veciñanza a reciclaxe da materia orgánica que xeren nos seus fogares, tal e como vén establecido polas directivas europeas que están a marcar este rumbo.
A rexedora, Dolores García Caramés, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, explicaron que, desde este mesmo luns, a veciñanza que desexe participar neste “exercicio de corresponsabilidade” poderá cubrir a súa solicitude na Casa do Concello ou na Casa da Cultura, e recibirá unha chave para facer un uso responsable e individualizado dos colectores marróns que xa foron instalados estes días en diferentes zonas do Concello de Cervo.
Caramés recorda neste sentido, que desde o Concello xa temos en marcha a campaña divulgativa e informativa “Súmate ao Marrón, ten moita vida”, co obxectivo de achegar á veciñanza toda a información relativa á reciclaxe da materia orgánica e de promover o uso do novo contedor “que é unha das engrenaxes chave da economía circular para valorizar gran parte do lixo que xeramos nos nosos fogares”.
Neste senso, o Concello de Cervo xa fixo chegar aos fogares cervenses días atrás un folleto explicativo, no que se detalla polo miúdo sobre plano os lugares do municipio nos que se sitúan os contedores marróns dentro do termo municipal.
Ademais, no folleto tamén se explica polo miúdo que tipo de residuos se poden depositar no contedor marrón tales como restos de todo tipo de comida, pousos de café, restos de plantas, flores, papel de cociña usado…; cuxo tratamento se realizará na planta de biorresiduos situada no Polígono de Cuíña, que entrará en funcionamento proximamente, e que dará servizo a case 70.000 habitantes.
Tal e como recordan, “desde o Concello de Cervo xa levamos moitos anos sensibilizados coa compostaxe doméstica, promovendo á súa práctica entre os fogares cervenses a través de diferentes iniciativas didácticas e tamén ofrecendo composteiros de balde ás familias; de feito a día de hoxe preto de 300 fogares fan o seu propio compost na casa”.























O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A sesión, ás 18:00 horas no auditorio As Quintas, pechará os actos do 8M en El Franco tras o exitoso XI Encontro de Mulleres. Será a única proxección no Noroccidente asturiano e forma parte do programa autonómico “Igualdade, motor da democracia”, que busca visibilizar a historia e a traxectoria do feminismo no Principado.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.


