Alfonso Villares detallou as sete actuacións que se recollen para o vindeiro exercicio e que prevén un investimento plurianual de 14 millóns
Ribadeo, 19 de outubro de 2023. A Xunta de Galicia contempla 4 millóns de euros nos orzamentos de 2024 para actuacións de mellora nos portos de titularidade autonómica da Mariña lucense. Así o anunciou esta mañá o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, nunha visita ao porto de Ribadeo para presentar as previsións de investimento do seu departamento na comarca durante o vindeiro ano. Tamén puxo en valor as contas da Xunta de Galicia para o próximo exercicio, ano no que mobilizará os maiores recursos na súa historia e reforzará tanto o investimento como o gasto social.
O titular de Mar explicou que os Orzamentos 2024 contemplan en total investimentos en sete actuacións portuarias na Mariña de Lugo que supoñen unha anualidade global de 4 millóns de euros para o 2024 e cuxo importe total do conxunto das obras previstas (con financiación plurianual) ascende a 14 millóns.
Así, detallou que a Xunta prevé investir nas obras de reforzo do abrigo e a ampliación das instalacións para embarcacións menores en Celeiro, o acondicionamento de locais en San Cibrao, o reforzo do abrigo de Burela, a mellora de abrigo en Morás, a remodelación da dársena de Foz e a dragaxe do peirao de Ribadeo.
Esta última é precisamente a actuación con maior orzamento previsto para 2024, cun total de 2 millóns de euros. A tramitación deste expediente atópase na súa fase final e está previsto que os traballos poidan iniciarse antes de finais deste ano. Polo que respecta a Burela, o reforzo do dique de abrigo, pendente de saír a licitación, conta cunha anualidade orzamentaria para 2024 de 830.000 euros. Para o municipio de Viveiro contémplanse dúas actuacións portuarias, a ampliación das instalacións para embarcacións menores en Celeiro, cun orzamento estimado para 2024 de 650.000 euros; e o reforzo do dique de abrigo, tamén do porto de Celeiro, cuxa tramitación previa contará con 30.000 euros no vindeiro exercicio.
Para o porto de San Cibrao, a Xunta contempla nos orzamentos un investimento de 350.000 euros o vindeiro ano, que permitirán executar a obra de acondicionamento do locais de armadores. Finalmente contémplanse partidas de menor importe para outras actuacións que se atopan polo momento en fases máis iniciais. É o caso da mellora do abrigo cun contradique no porto de Morás, a día de hoxe en tramitación ambiental, e para a que a Xunta destina 121.000 euros de cara ao ano que ven; e a remodelación da dársena deportiva de Foz, aínda en fase preliminar, que conta cunha anualidade de 30.000 euros.
As contas da Xunta para o próximo ano
Portos de Galicia constitúe un dos principais artífices da execución de obras da Consellería do Mar e reforzará os seus proxectos de cara a 2024, nun exercicio no que o conxunto da Xunta de Galicia mobilizará máis de 2.800 millóns de euros en investimentos. Esta cantidade elévase un 2,4% sobre a do presente ano e sitúa o esforzo investidor autonómico nesta lexislatura por enriba dos 10.500 millóns de euros.
Alfonso Villares destacou que os orzamentos para 2024 do Executivo galego son os máis elevados da historia da comunidade, con 13.257 millóns de euros, e acadan tamén un gasto social nunca visto, pois a sanidade, educación, políticas sociais e emprego se destinan case tres cuartas partes do total. Ademais son unhas contas que benefician a tódolos galegos ao incluír e consolidar rebaixas de impostos e que, por primeira vez en 16 anos, non recorren ao endebedamento.





















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



