O conselleiro de Educación, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, presenta o informe ‘Panorama de educación en Lugo no ámbito rural’
Lugo, 23 de outubro de 2023. A Xunta de Galicia inviste un 43% máis de media no ensino no rural de Lugo que no ámbito urbano debido á dispersión poboacional, o que blinda a igualdade e a equidade dos resultados académicos do alumnado. Así se desprende do informe Panorama da educación en Lugo no ámbito rural que hoxe presentou o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez.
O titular do departamento educativo do Goberno autonómico, acompañado do delegado territorial lucense, Javier Arias, expuxo en rolda de prensa unha radiografía educativa de Lugo, que é a provincia do conxunto de Galicia cun maior peso do ensino rural. De feito, aglutina un total de 138 centros públicos de Educación Infantil, Primaria e ESO, dos cales 85 están situados en contornas rurais.
Tras o procesamento de máis de 200.000 datos de expedientes de alumnos por curso escolar analizado, tanto a nivel Galicia como na provincia de Lugo, e a análise das fontes oficiais tanto do Ministerio como da Consellería de Educación, o conselleiro asegurou que as conclusións extraídas avalan que Galicia “funciona como un distrito educativo único, e Lugo é un exemplo paradigmático disto grazas ao importante esforzo de investimentos en todo o que ten que ver co ensino, desde os programas educativos ata a dotación de infraestruturas e a garantía de servizos como o transporte”.
Máis de 11.000€ por alumno
Atendendo precisamente ao investimento global, a inversión media por alumno en contornas rurais en Galicia é de 8.933€/alumno, mentres que no caso da provincia de Lugo esta inversión ascende a 11.050€/alumno. Isto é debido, en parte, a que o rural lucense aglutina seis de cada dez centros educativos fronte a catro de cada dez do conxunto de Galicia.
Esta dinámica, segundo explicou Román Rodríguez, tamén cumpre na variable de gastos de funcionamento, cun investimento de 484,83€ nos centros do rural de Lugo fronte aos 431,19€ no conxunto do rural galego.
Rateos e transporte escolar
Ademais dun investimento superior por alumno, tamén destaca o rateo de alumnado por docente e o tamaño dos grupos, cuestións que inciden na atención no día a día na aula. Tamén aquí os datos son moito máis favorables no rural que no urbano co tamaño medio dos grupos por debaixo de 20 alumnos en toda a provincia en todas as etapas de escolaridade obrigatoria e moi inferiores no rural. Igualmente, a rateo alumno/profesor é máis favorable no rural con 7,53 alumnos por docente que no urbano se eleva a 9,72.
Unha das variables de maior impacto económico derivado da dispersión poboacional é o transporte escolar, que nas contornas rurais do conxunto de Galicia ascende a 1.294,3€, en tanto que nas contornas urbanas é de 833,5€. No caso de Lugo, esta diferenza do 55% elévase aínda máis, xa que o investimento no rural desta provincia acada os 1.911€.
Equidade nos resultados
Este importante esforzo inversor tradúcese, en palabras do conselleiro, “nunha garantía dos resultados académicos dos alumnos lucenses que demostra que o termo que mellor define a educación galega e a educación de Lugo é a equidade”.
De feito, constátase unha dinámica parella nas notas medias globais obtidas polos alumnos independentemente de que vivan no rural ou no urbano, e en todas as etapas educativas obrigatorias. Por exemplo, na etapa de Primaria, a nota media dos estudantes en centros do rural da provincia de Lugo foi de 7,79 no curso 2021/22 e no urbano de 7,72. O mesmo ocorre na etapa de ESO, cun 7,03 no rural e un 6,81 no urbano, polo que non se aprecian apenas diferenzas.
Nestes resultados, segundo explicou o conselleiro, están moi relacionados tamén co acceso aos distintos programas educativos (sobre todo relacionados coas competencias tecnolóxicas, o plurilingüismo, as bibliotecas escolares ou a convivencia) que a Consellería de Educación pon a disposición do cen por cen dos centros de Galicia de maneira universal. En concreto, subliñou que, en comparación co conxunto de Galicia “Lugo destaca especialmente pola súa implicación en programas de plurilingüismo, no Plan Proxecta e no E-dixgal, cunha incidencia superior no rural que no urbano”.




















Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.



