Os consumidores poden escoller entre diferentes modalidades que inclúen menús especialmente deseñados para esta campaña, estadías e actividades complementarias como visitas a museos, rutas ou xogos de Escape Room
O Corgo, 4 de outubro de 2023. A Xunta de Galicia ten en marcha ata o 17 de decembro a 17ª edición do programa Outono Gastronómico de Turismo Rural, a iniciativa coa que cada ano promove as viaxes fóra da tempada alta combinando o turismo rural e a gastronomía e apoiando ao sector. Participan 22 establecementos repartidos por toda a provincia de Lugo.
O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, visitou hoxe un dos aloxamentos adheridos, A Fervenza -no concello do Corgo-, para dar a coñecer os detalles desta iniciativa, á que están adscritos 79 negocios de toda Galicia.
Os consumidores poden escoller entre diferentes modalidades que inclúen menús especialmente deseñados para esta campaña, así como estadías dunha noite ou dunha fin de semana. Adicionalmente, algúns establecementos ofrecen actividades complementarias pola contorna, como visitas a museos e adegas, rutas ou xogos de Escape Room. Tamén hai paquetes para familias con nenos e nenas.
Arias destacou que o obxectivo deste programa é “dinamizar a oferta turística fóra das épocas de maior ocupación”, en liña con outras iniciativas como o bono turístico #DescubreGaliciaenoutono, que está previsto que saia este mes.
“Son medidas con moita demanda que incentivan o consumo fóra da tempada alta e xeran riqueza, por iso a Xunta volve poñelas en marcha”, dixo o delegado.
Na provincia de Lugo sumáronse ao 17º Outono Gastronómico dez casas de turismo rural da Zona Sur -situadas en Folgoso do Courel, Pantón, Sober, Chantada, O Saviñao e Quiroga -; catro da Mariña -en Cervo, Foz, Trabada e Lourenzá -; catro da comarca de Lugo -en Lugo, O Corgo, Castroverde e Portomarín -; e outras catro en Monterroso, Sarria, Cervantes e As Nogais. A oferta completa, os negocios adheridos e os prezos das diferentes promocións poden consultarse na páxina web de Turismo de Galicia.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



