Burela, 18 de outubro, 2023. O XOVES 19 DE OUTUBRO A ASOCIACIÓN ESPERANZA COLOCARÁ MESAS PARA A RECAUDADIÓN DE FONDOS CONTRA DA ENFERMIDADE
A Asociación ESPERANZA colocará o vindeiro xoves 19, Día Internacional contra o cancro de mama, mesas informativas para recaudar fondos para a loita contra o cancro. As mesas estarán situadas nos lugares de costume, a Praza do Concello e o Hospital da Mariña, para que todas aquelas persoas que desexen aportar fondos para axudar á investigación, detección, tratamento e curación do cancro poidan facelo.
A Asociación espera unha ampla colaboración da veciñanza, dado que o cancro é unha enfermidade que afectou, afecta e afectará a moitas personas, e que existe moita conciencia cidadá para facerlle fronte á mesma.
O VENRES 20 DE OUTUBRO ESPERANZA E A FUNDACIÓN ALCOA ORGANIZAN AS II XORNADAS ESCOLARES DE SENSIBILIZACIÓN E PREVENCIÓN DO CANCRO
A Asociación ESPERANZA considera moi importante e relevante esta actividade, xa que se trata de informar a un sector da poboación, a infantil, sobre as pautas de comportamento, a prevención e sensibilización do cancro tan presente na sociedade.
Se o ano pasado, e en colaboración coa Fundación ALCOA, se organizou a I Xornada Escolar de sensibilicación e prevención do cancro, este ano as II Xornadas celebraranse o vindeiro venres día 20 do presente mes de outubro.
O seu destinatario será o alumnado de sexto de Primaria dos dous ceips do concello de Burela, o Virxe do Carme e o Vista Alegre, e terá lugar no auditorio da Casa da Cultura. Durante a xornada, que comezará ás nove e cuarto da mañán e rematará á unha e cuarto da tarde, haberá ponencias informativas e de prevención impartidas polos poñentes e por un DUE de Hospitalización a domicilio, seguidas de coloquio con preguntas, e un concurso de debuxo. Non faltará a degustación dun almorzo saudable e unha entrega de regalos ao alumnado participante.
As ponencias serán impartidas polos médicos residentes Carlos Alberto Padilla León, Lorena González Paz, Ane Kirakosyan Dilanyan, Juan José Eiroa Bermúdez, Ariadna López Rubial, Daiana Ortega Díaz, Carmen Laura Herrero Muñoz e Alba Varela Arrojo, xunto co Diplomado Universitario en Enfermería de Hospitalización a domicilio Juan Lorenzo Otero.
Dende a Asociación ESPERANZA queren agradecer á Fundación ALCOA e ao seu voluntariado a colaboración para esta actividade. Ao mesmo tempo, o agradecemento para o persoas médico-sanitario indicado. Por último, non podemos esquecernos da colaboración prestada un ano máis polos dous ceips, Vista Alegre e Virxe do Carme, e polo Concello de Burela para a realización desta xornada.
























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


