O conselleiro de Sanidade mantivo en Lugo unha reunión coa alcaldesa de Ibias
Lugo, 21 de outubro de 2023. O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reuniuse esta semana no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo coa alcaldesa do concello asturiano de Ibias, Gemma Álvarez Cereigido, para trasladarlle o ofrecemento da Xunta de prestar asistencia sanitaria á poboación dos Coutos, unha das parroquias deste municipio limítrofe con Galicia. Á reunión tamén asistiu o xerente da área sanitaria de Lugo, Ramón Ares Rico.
Coa finalidade de mellorar a atención sanitaria da cidadanía independentemente do lugar en que viva, a Xunta remitiulle en setembro ao Goberno do Principado de Asturias un borrador de convenio de colaboración para a asistencia en zonas limítrofes. O goberno galego está agardando pola conformidade do asturiano para poder iniciar a tramitación deste convenio, que require dun trámite por parte de ambas administracións e, finalmente, ser remitido ao Senado para autorización.
En canto sexa asinado, e por catro anos prorrogables, a veciñanza da parroquia dos Coutos do municipio de Ibias terás asignados en Galicia os seus servizos de atención primaria, atención hospitalaria e transporte sanitario. En concreto, os arredor de 50 habitantes desta parroquia asturiana pasarán a acudir ao centro de saúde de Navia de Suarna, a 26 minutos en coche, en lugar de ao seu centro de referencia en San Antolín de Ibias, a 45 minutos. No caso do centro hospitalario, o tempo de viaxe será dunha hora ao HULA en lugar de 1 hora e 45 minutos ata o Hospital de Cangas de Narcea.
Así, as persoas susceptibles de acollerse a este convenio tramitarán a obtención de tarxeta de asistencia a desprazados no centro sanitario da comunidade de destino, coas prórrogas que se precisen sine die, polo que manterán a tarxeta sanitaria da súa comunidade de orixe. Aínda que o convenio pode modificar no futuro o seu ámbito territorial, inicialmente beneficiará a citada parroquia dos Coutos, cos lugares de Folgueiras, Lagúa, La Muria, Parada, Santa Comba, Valdeferreiros, Vilarello, Villaselande e Viñal.





















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



