O goberno do PP duplicou as tarifas para as persoas usuarias do SAF Básico
Riotorto, 8 de outubro de 2023. A partir do ano que ven, as persoas usuarias do Servizo Axuda no Fogar (SAF) de Riotorto pagarán o dobre. O goberno municipal modificou a ordenanza que regula o servizo, dobrando as tarifas que terán que pagar usuarias e usuarios da modalidade de libre concorrencia.
Deste xeito, tendo en conta que o custo da hora é de 12 € e de que as cuots varían en función da renda, quen paga 1,20 €/h pagará 2,40 €/h, quen paga 2,40 €/h. pasará a pagar 4,80 €/h. A suba será menor para as persoas con maior renta e patrimonio, que pagan 4,80 €/h e pasarán a pagar 7,20 €/h.
O BNG “oponse frontalmente a unha suba de tarifas que, ademais de non respetar a progresividade, supón sobrecargar as persoas usuarias cun custo que debería asumir a Xunta de Galicia, á que corresponden as competencias en servizos sociais”.
O BNG de Riotorto defendeu sempre a gratuidade do Servizo de Axuda no Fogar. o goberno do nacionalista Federico Gutierrez Estoa loitou no ámbito político e institucional contra as polítícas do Partido Popular na Xunta de Galicia -goberno de Feijóo- que en 2012, retirou aos concellos de menos de 20.000 habitantes os fondos para este servizo e en 2013 impuxo o pago das persoas usuarias a través dun decreto.
Cando o PP chegou ao Concello de Riotorto aprobou a ordenanza vixente, á que hora dan unha volta máis, duplicando as tarifas. “O que debería facer o goberno municipal é esixir á Xunta de Galicia que asigne aos concellos financiamento suficiente para custear o servizo e que axilice a tramitación da lei de dependencia xa que o retraso no recoñecemento da dependencia está derivando as persoas que precisan asistencia ao SAF básico”.
O BNG sostén que, entre tanto, o Concello de Riotorto ten recursos para, cando menos, manter as tarifas actuais, “se o goberno de Clemente Iglesias lle dá prioridade e o xestiona como o que é: un servizo público fundamental para que as persoas maiores poidan vivir o maior tempo posible nas súas casas, e non como un instrumento electoral e de control social, como ven facendo”.
A formación nacionalista criticou que “as persoas usuarias do servizo, pero tamén as mulleres que traballan nel, sexan as últimas na lista de prioridades de investimento para o goberno de PP”. A este respecto, explica que, “mentras nos últimos meses, no proceso de estabilización e consolidación de emprego público que fixeron as administracións, se estabilizaron as prazas de persoal que traballa nas oficinas municipais, pero non se fixo o mesmo coas traballadoras do SAF”.
O PP non quere dar voz ás asociacións veciñais na defensa do centro de saúde
O BNG de Riotorto denuncia tamén “a negativa do Partido Popular a dar voz ás asociacións veciñais na defensa do centro de saúde”. No pleno do pasado venres, o PP votou en contra da moción do BNG, na que se pedía a creación dunha comisión integrada por representantes do goberno municipal, grupos políticos e asociacións veciñais para facer fronte á supresión dunha praza de médico no centro de saúde.
O BNG explica que “o alcalde Clemente Iglesias se negou a aceptar a proposta, pedindo incluso que se modificase retirando a participación das asociacións veciñais, algo ao que desde o BNG non opuxemos de forma rotunda. Confirmamos, asegura o BNG, que “a principal preocupación do alcalde é silenciar a falta de persoal no centro de saúde, colaborando coa Xunta de Galicia no desmantelamento da sanidade pública”.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



