O Pescados Rubén Burela FS consegue os tres primeiros puntos, na casa, mostrando a un equipo con carácter que cada semana se entende mello
Burela, 7 de outubro, 2023. Xornada 3 da tempada de Segunda División de Futsal Masculino, na que tivo lugar o clásico derbi galego Pescados Rubén Burela FS – O Parrulo Ferrol FS hoxe ás 18.45h no Pavillón Vista Alegre de Burela. Despois de comezar con non moi bo pé, o equipo mariñán logrou os tres primeiros puntos no seu terceiro partido, segundo na casa, ante un duro rival e aspirante aos postos máis elevados da táboa cada tempada. Foi un encontro cheo de emoción, bastante igualado e que se solucionou a través de pequenos detalles que marcaron un resultado final 2-1.
Un partido moi parello durante os 40 minutos que durante a primeira parte non viu o gol pero que deixou numerosas oportunidades por ambos bandos levantando en varias ocasións ao case milleiro de espectadores que acudiu a Vista Alegre esta tarde, principalmente de Burela, pero tamén un moi notable número de seguidores do Parrulo que viaxaron desde Ferrol. Gran papel de Mika que demostrou hoxe ser un bo substituto do muro laranxa Michal, ausente pola convocatoria coa súa selección, a polaca, para os partidos clasificatorios para o mundial. O xogador, ademáis de numerosos paradóns, demostrou a súa habilidade co xogo de pés durante todo o partido pero sobre todo na segunda parte, saíndo en numerosas ocasións a media pista. No minuto 7 sae ao borde da área frustrando unha boa oportunidade de Negro de conseguir o 0-1, tamén no 13 só ante un xogador rival detén un tiro moi próximo e de novo no 17 detén coas dúas mans un potentísimo disparo frontal de Aitor, entre outras. Tamén o conxunto laranxa estivo a piques de adiantarse no marcador en varias ocasións como unha de Alberto no minuto 7 que remata de cabeza tras un pase longo de Mika que saca Coro a corner e no que volve sucederse outra oportunidade frustrada para o Burela que volve sacar o porteiro. No minuto 15 Malaguti tamén roza o 1-0 cun fulminante tiro que vai fóra.
A segunda parte comeza forte, un sorprendente gol de Lucho no minuto 21 cun tiro cruzado tras burlar a dous xogadores adianta o marcador a favor do conxunto burelense, aínda que no minuto 22 Iván Rumbo empata o encontro coándoa entre os paus de Mika tras un saque de esquina. O encontro continúa igualado e sucédense as oportunidades. No minuto 29 Malaguti ten unha das oportunidades máis claras do encontro nunha contra tras unha boa combinación con Alberto que asiste ao xogador zamorano que só ante o porteiro non atina entre os paus. No minuto 33 dobre oportunidade para o Pescados Rubén tras un tiro de falta de Ismael e un paradón de Coro que a saca a corner, tras o corner e a perda do Burela Alberto recupéraa en media pista pero non logra finalizar con acerto. Durante os últimos minutos os de David Rial presionan insistentemente, con dominio case absoluto do balón durante os minutos 37 e 38 ata que chega o 2-1 cun golazo de Malaguti, esta vez conseguindo fulminar a portería rival. O Parrulo recorre ao xogo de 5 pero a boísima defensa do Burela frustra toda presión do equipo de Josito Gallego, incluso rozando o terceiro tanto no minuto 39 no que Quelle, que sae a pista por primeira vez no minto 38, acariña o pau cun disparo a portería baleira.
A próxima semana o conxunto laranxa viaxará a Melilla a polos seguintes 3 puntos ante o CD Melistar FS.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS 2-1 O Parrulo Ferrol FS
Pescados Rubén Burela FS (2): Mika; Lucho (C), Isma, Alberto, Álex García – quinteto inicial -, Quelle, Nicolás Rosental, Flethes, Charly, Ismael, Iago López, Malaguti y Unai (P)
O Parrulo Ferrol FS (1): Coro; Iván Rumbo, Charly, Adri, Rubén Orzáez – quinteto inicial-, Novoa, Aitor, Pedro, Turbi, Felipe Otto, Negro, Pansi, Álex Moniño y Álex Regueira (P)
Goles: 1-0, min. 21: Lucho. 1-1, min. 22: Iván Rumbo. 2-1, min.38: Malaguti.
Árbitros: Roberto Segundo Amor Vizoso, Borja Darriba Villamor, Manuel Castro Fernández i Eva López Seijas
TA: David Rial, Isma, Malaguti e Charly do Pescados Rubén Burela FS. Novoa, Adri, Álex Moniño e Aitor de O Parrulo Ferrol FS.























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.

