Antonio Ameijide denuncia a actitude “absolutista e ditatorial” de José Tomé “carente de principios democráticos” e que o presidente so entende a Deputación de Lugo como unha administración para impulsar as carreiras políticas daqueles que el elixe e para axudar unicamente aos concellos da súa cor política
Lugo, 4 de outubro de 2023. O Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo denuncia “a nula transparencia e as constantes trabas de José Tomé” para que os deputados do PP poidan exercer a súa labor de oposición ao, nesta ocasión, negar acceso á información solicitada polos populares.
O voceiro popular Antonio Ameijide explica que no mes de setembro pediuse acceso a varios expedientes:
Relación postos de traballo nominativa e actualizada. Solicitada o 19/09/2023
Acceso ao rexistro semanal dos asentos do rexistro de entrada da Deputación de Lugo. Solicitado o 21/09/2023
“A día de hoxe nada sabemos e iso que xa pasou o prazo legal máximo que tiñan para facilitarnos a información”, denunciou Ameijide.
Segundo figura no Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo, no seu artigo 19:
“O dereito á información dos membros da Corporación canalizarase na forma e termos prevista nos artigos 14, 15 e 16 do R.D. 2568/1986 do 28 de novembro do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais mentres non se modifique. A petición de información a de ser concreta e específica, non xenérica nin indeterminada, e compatible co normal desenvolvemento dos servizos provinciais. A solicitude dirixida á Presidencia, deberá reunir os requisitos anteriores, e debera de ser resolta motivadamente no prazo de cinco días a contar dende a data de solicitude. Se no devandito prazo non se produce resolución expresa, entenderase concedida por silencio administrativo”.
Un acceso á información que tamén se recoñece no artigo 77 da Lei Reguladora das Bases do Réxime Local:
“Todos os membros das Corporacións locais teñen dereito a obter do Alcalde ou Presidente ou da Comisión de Goberno cuantos antecedentes, datos ou informacións obren en poder dos servizos da Corporación e resulten precisos para o desenvolvemento da súa función. A solicitude de exercicio do dereito recolleito no parágrafo anterior haberá de ser resolta motivadamente nos cinco días naturais seguintes a aquel en que se presentou”.
Acceso á información que tamén se recoñece no artigo 14 do ROF (Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
1. Todos os membros das Corporacións Locais teñen dereito a obter do Alcalde ou Presidente ou da Comisión de Goberno cuantos antecedentes, datos ou informacións obren en poder dos servizos da Corporación e resulten precisos para o desenvolvemento da súa función.
2. A petición de acceso ás informacións entenderase concedida por silencio administrativo no caso de que o Presidente ou a Comisión de Goberno non diten resolución ou acordo denegatorio no termo de cinco días, a contar desde a data de solicitude.
Unha situación que, para os populares, pon de manifesto unha vez máis “a actitude absolutista e ditatorial” de José Tomé que “non entende a Deputación de Lugo como unha administración para axudar a todos os lucenses da provincia e a emprega para impulsar as carreiras políticas daqueles que el elixe e para axudar unicamente aos concellos afíns”.
Unha situación que se produce días despois de que os deputados do Grupo Provincial Popular rexistrasen un escrito dirixido á Valedora do Pobo pedindo o seu amparo trala prohibición de José Tomé a que os deputados populares entrasen en dependencias da Deputación de Lugo.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



