Burela a 22 de novembro de 2023. “Á situación insostible na Atención Primaria de Viveiro e O Vicedo, agora súmase tamén O Valadouro e Alfoz”, denuncian.
Dende a central nacionalista denuncian que “o día 22 de novembro non hai médico en O Valadouro, tampouco os días 23, 24, 27 e 28 de novembro haberá médico de 8 a 9 h nin de 13 a 15 h. O día 29 de novembro non haberá médico de 11 a 15 h. E o día 30 de novembro non haberá médico de 12 a 15 h.” e “as urxencias serán derivadas principalmente ao Centro de Saúde de Foz, e tamén ao Centro de Saúde de Alfoz, aumentando deste xeito a carga asistencial das e dos profesionais deses centros”.
O Centro de Saúde Alfoz tamén estará varios días sen atención completa “xa que os días 22, 23, 24, 27, 28 e 29 de novembro non hai médico en Alfoz de 8 a 8:30 h. e as urxencias tamén serán enviadas ao Centro de Saúde de Foz”, alertan.
Desmantelamento intencionado da sanidade
Segundo CIG-Saúde da Mariña, este é o modelo que o goberno de Rueda e o PP promoven e impulsan a través dos xestores da Área Sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte “e que está a provocar o desmantelamento intencionado da atención sanitaria. É o modelo do deterioro progresivo da Atención Primaria, co obxectivo de trasladarlle á cidadanía a percepción dunha sanidade precaria e insostíbel, e deste xeito, entregar a mans privadas o tan ansiado negocio da sanidade pública”.
Rescatar e dignificar a Atención Primaria
Para CIG Saúde A Mariña é fundamental rescatar a sanidade pública galega e dignificar a Atención Primaria para garantir un servizo básico de calidade e proximidade fronte os gobernos do PP que pretenden convertela nun privilexio, e exixen a cobertura de todas as ausencias para garantir unha calidade asistencial digna”.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



