Xove, venres 24 de novembro 2023. O BNG de Xove vén de facer pública a súa intención de que a veciñanza participe de forma activa, con suxerencias, no debate da elaboración do orzamento para o ano 2024. Esta campaña bota a andar coa difusión de códigos QR por diferentes espazos do concello que levará as veciñas e veciños a un formulario online totalmente anónimo no que se recollerán as súas inquedanzas. Dende a formación nacionalista apuntan “ somos coñecedores de que á xente non lle gusta significarse públicamente e, deste xeito, a través dunha enquisa anónima, poderán dar a súa opinión de xeito máis libre”.
Participación cidadá a través dun código QR
A voceira, Pilar Vázquez, afirma que “ é unha prioridade do BNG facer da toma de decisións algo común a toda a veciñanza, independentemente de que nos votaran ou non. Moitas veces ao saír electos pérdese esa comunicación política-veciñal. Dende o BNG cremos que resulta transcedental preguntar directamente á xente en que consideran que hai que priorizar no gasto xa que lévase moito tempo obviando as principais peticións da veciñanza”.
Difusión a todas as parroquias do concello
Ademáis desta colada na capitalidade municipal, “ como non pode ser doutro xeito levarase tamén ás distintas parroquias do concello para complementar a súa difusión nas redes sociais” afirma Vázquez. Tamén comenta a voceira que “ agarda unha alta participación e acollida por parte da veciñanza, podendo este tipo de políticas ser ampiadas a outras decisións da política municipal por parte do BNG. Este grupo municipal sempre defenderá a necesidade de pór no centro das políticas, as necesidades da xente de Xove”.
























Subliñou tamén a unión veciñal arredor desta cita gastronómica, que comparte protagonismo con outras festas da contorna. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, incluído nun programa que reúne artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, terá lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



