Todas aquelas asociacións, entidades, artesáns ou comerciantes que o desexen poden inscribirse ata o día 26 de novembro, na Casa do Concello ou por correo electrónico
Burela, 9 de novembro de 2023. O Concello de Burela celebrará un mercado de nadal os días 2 e 3 de decembro, para o cal xa abriu o prazo de inscrición de postos. O mercado terá lugar na carpa situada na praza da Mariña.
Todas aquelas asociacións, entidades, artesáns ou comerciantes que o desexen poden anotarse ata o día 26 de novembro, xa sexa presencialmente no punto de información da Casa do Concello ou por correo electrónico no enderezo cultura@burela.org
A concelleira de Cultura e Comercio de Proximidade de Burela, Lina Gómez Pardo, anima a todas as persoas interesadas a “facer parte do mercado para continuar impulsando o comercio local da vila nunha época tan sinalada como é a do nadal”.





















O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



