Ribadeo, 27 de novembro de 2023. A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido do alumeado e coa inauguración do Mercado do Nadal. Os festivais, que se desenvolverán en decembro, serán no Cantón. A pista de xeo e Ribaxogo estarán situados na avenida Rosalía de Castro. E o Mercado do Nadal na contorna da praza de abastos. O alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz, foron os encargados de presentar o programa de actividades.
O rexedor sinalou que “presentamos este Nadal cheo de actividades e quero darlles as grazas tanto aos técnicos como aos concelleiros e tamén a Acisa por este traballo coordinado e planificado”.
Vega dixo que “con isto queremos dinamizar ao noso pobo desde un punto de vista social, cultural e tamén económico. É un Nadal cheo de actividades porque temos o festival de jazz; dous concertos (o de Magic Queen e o Vendaval); esa festa de pre fin de ano, na que vamos comer as uvas todos xuntos; tamén todos os concertos que está organizando o coro Sagrado Corazón e que van contar coa presenza de Emilio Rúa; ou a Coral Polifónica, que vai compartir un concerto con Son de Seu; ademais teremos o festival organizado pola Escola Municipal de Música o día 16 e o concerto da Banda Municipal Aquí como en Viena o día 29”.
O alcalde seguiu a relatar que “vai haber actividades para nenos, para mozos, para todos os públicos: a pista de xeo, Ribaxogo, … É unha novidade desde o punto de vista da dinamización que estas actividades estarán repartidas por todo Ribadeo: os festivais, no Cantón; Ribaxogo e a pista de xeo, en Rosalía de Castro; e o noso magnífico mercado tradicional de Nadal, situado na Praza de Abastos. Polo tanto queremos que sexa o mellor Nadal, que está moi ben organizado e planificado e ao que vamos poñerlle o broche de ouro con esa magnífica Cabalgata de Reis”.
Dani Vega cre que “entre todos saíu unha boa programación de Nadal, chea de actividades para todos os públicos. Temos que pensar que Ribadeo é ese pobo acolledor no que moitos visitantes van vir participar destas actividades. E todos os veciños e veciñas tamén imos disfrutar delas. Polo tanto hai que felicitar a todos cos concelleiros, aos que coorganizaron este Nadal, como é Acisa, e a todos os técnicos municipais por sempre, que é un traballo continuo pero dá os seus froitos”.
A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, explicou que “o vindeiro venres, 1 de decembro, dará comezo o Nadal en Ribadeo. Desde o Concello, con humildade pero con moitísima ilusión, traballamos para ofrecer unha programación de actividades moi diversa e para todos os públicos. O acendido do alumeado de Nadal terá lugar ás sete da tarde e media hora despois abrirá o xa tradicional Mercado de Nadal, que estará na Praza de Abastos, onde actuarán as gaitas da asociación Amigos da Gaita. Durante os dez días que dura o mercado contaremos con contacontos con Raquel Queizás, obradoiros de baile tradicional e de coroas de Nadal, … Unha infinidade de actividades para animar este mercado”.
A edil ribadense sublñou que “durante o mes de decembro e ata pasar Reis contaremos con concertos, como Magic Queen, o festival de jazz, actuacións da nosa Banda Municipal, concerto de Reis, Son de Seu coa nosa Coral Polifónica de Ribadeo ou Emilio Rúa co coro Sagrado Corazón. Teremos cine, o festival Pica Pica para os máis pequeniños e tamén para eles o musical La gran aventura de los Reyes Magos. O último venres de ano estades todos convidados á festa pre fin de ano que organiza a asociación Catro Canos. Non esquezades tampouco o festival de panxoliñas na igrexa parroquial. O coro Sagrado Corazón fará unha visita aos nosos maiores no Centro de Día e na residencia. E o último día do ano haberá a carreira San Silvestre, pero tamén a primeira marcha interxeneracional San Silvestre Máis metros, máis posibilidades, metros interxerenacionais pola accesibilidade a inclusión”.
Saiz anima a visitar Ribadeo: “este Nadal non deixedes de vir a Ribadeo, porque Ribadeo ofrece bo comercio, boa hostalería e unha morea de actividades para disfrutar en familia e entre amigos”.
Á presentación, que tivo lugar a carón da carpa da pista de xeo, acudiron as concelleiras e concelleiros do equipo de goberno, así como a presidenta e o xerente de Acisa Ribadeo.























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



