Foz, 19 de decembro de 2023. A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que despois da emocionante tarde de acendido das luces de Nadal, a comezos deste mes, agora chegan as vacacións invernais dos máis pequen@s da casa e os días con máis actividades en Foz.
Inés López especifica que “esta fin de semana Papá Noel estará esperando a visita de tod@s os que queiran estar un ratiño con el na súa casiña situada na praza do concello. O domingo 24 a partir das 12 da mañá todos os que queiran poderán achegarse a visitar a Papá Noel e pedirlle que cumpra os desexos de última hora, xa que esa noite terá moito traballo para chegar a todas as casas. Non estará so porque os nenos do coro da Escola de Música percorrerán as rúas animando con panxoliñas. Pero antes os elfos de Papa Noel estarán polas rúas: poderás atopalos se te achegas a ver o espectáculo de teatro infantil Coa música a outra parte o sábado 23 ás 12 da mañá na Sala Bahía ou se pola tarde, ás 17.30 horas, volves á Sala Bahía a ver o festival infantil da Subela. O venres 22 ás 19 horas tamén poderás gozar do festival de Nadal da Escola de Música Arcadio Mon, tamén na Sala Bahía”.
A concelleira de Cultura engade que “a partir do martes 26 e ata o venres 29 en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas o Parque Infantil de Nadal estará aberto na Sala Bahía. Os nenos poderán desfrutar do mini tren, de inchables, de talleres, a barredora wipe out e outras actividades de forma gratuíta. O mércores 27 tamén haberá unha representación de A estreliña despistada, de Trécola Teatro, na Casa da Cultura ás 12 da mañá, organizada pola Biblioteca Salgado Toimil. O sábado 30 ás 20 horas a Sala Bahía acollerá o tradicional concerto de fin de ano da Banda de Música de Foz. E para pechar o ano o día 31 ás 12 da mañá será a Escola de Música a que poña a guinda cun concerto na praza do Concello”.
López Couto anuncia tamén que “xa no ano novo, os días 2 e 3 no Pavillón de Marzán e no mesmo horario do Parque Infantil de Nadal, poderase desfrutar do deslizador tubby xtream. O día grande, o venres 5, a partir das 18.30 horas os Reis Magos chegarán a Foz. Pasearán polas rúas no seu percorrido habitual dende a praia da Rapadoira, sairán ao balcón do Concello e finalizarán cunha recepción na Sala Bahía, que terá chocolatada con roscón para todos. Este ano a cabalgata será especial e contará cun novo espectáculo acompañándoa; esperamos que os máis pequenos desfruten moito”.
Para finalizar o Nadal Os Bolechas chegarán a Foz o domingo 7 ás 12 da mañá na Sala Bahía, onde tamén se entregarán os premios do concurso de postais da Biblioteca Salgado Toimil, que este ano escolleu como postal gañadora á de Andrea Riveira Barcia, do grupo de Primaria A, e que se utilizará para felicitar as festas de todos os focegos e focegas por parte da Alcaldía.












O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
Reyco Burela FS convoca a todos os socios e socias á Asemblea Extraordinaria que se celebrará o martes 28 de abril no salón de conferencias de Burela (antiga biblioteca) nunha primeira convocatoria prevista para as 20.00 h. e segunda para as 20.30 h. O acceso será única e exclusivamente para socios e socias, que deberán asistir á xuntanza co carné de socio/a e o DNI. Orde do día: 1. Lectura e aprobación da acta anterior. 2. Situación económica xeral. 3. Procedementos xudiciais contra o club. 4. Accións adoptadas para a continuidade do club. 5. Rogos e preguntas
O acto está organizado pola A.C. Francisco Lanza e contará coa participación de Dores Fernández Abel, en representación da entidade, xunto co autor da obra. Duarte Correa xa visitara Ribadeo no ano 2022 para ofrecer unha charla sobre a situación política internacional, centrada daquela na guerra de Ucraína. Nesta nova ocasión, o público poderá volver seguir a súa capacidade de análise e síntese, que lle permitirá ofrecer unha visión actualizada dun contexto xeopolítico en constante transformación.
A parada principal foi Cee, onde a expedición foi recibida no Museo Fernando Blanco, afondando nos vínculos históricos entre ambos municipios. Durante a visita, o director do centro destacou a “dobre conexión” entre Ortigueira e Cee, lembrando a figura de Manuel Rebollar, músico ortegán que dirixiu a Banda de Música de Cee entre 1927 e 1940. O recordo ao artista foi un dos momentos máis emotivos da xornada, ilustrando os lazos culturais que unen ás dúas localidades desde hai case un século.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



