Ribadeo, 30 de decembro de 2023. A Banda Municipal de Música de Ribadeo, dirixida por David Ballester Martínez, encheu de público o auditorio Hernán Naval durante o concerto Aquí como en Viena, no que houbo varias bromas.
A actuación empezou co director só no escenario e comunicándolle ao público que había un problema pois os músicos non apareceran aínda porque estaban tomando uns pinchos e que ía chamalos para que estiveran o antes posible, pero xusto neste momento entraron os compoñentes da Banda acompañados pola música de Feliz Navidad e como se viñeran de festa.
A continuación interpretaron os temas Mi gran noche, con arranxos de Azael Tormo; Resistiré, arranxada por Miguel Ferré; Fórmula V, con arranxos de Azael Tormo; e Polka party, arranxada por Paul Murtha. Despois tocaron Canon Pachelbel, con arranxos de Calvin Custer, peza na que o director tusiu, colleu unha chamada no teléfono e varios músicos puxéronse a facer selfies mentres que os trompetistas miraban un partido de fútbol no móbil, todo iso para facer parodia de cousas que pasan ás veces nos concertos entre os espectadores. O concerto seguiu coa interpretación da Marcha triunfal de Aida, de Verdi, na que Ballester dirixiu mirando cara ao público para que os asistentes viran as caras e os xestos do director e houbo varias bromas máis.
Despois a Banda ribadense tocou Destellos del alba, de Ferrer Ferrán, e Orpheus in de onderwereld, de Offenbach con arranxos de Ardenois. A continuación interpretaron dúas pezas -Annen polka, de Strauss arranxada por John Walls; e The Second Waltz, de Dimitri Shostakovich, con arranxos de André Waignein- co acompañamento de bailaríns da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, que ademais actuaron no primeiro bis, A orillas del Danubio azul, de Johann Strauss. E rematou este concerto coa Marcha Radetzky, tamén Johann Strauss, como é tradicional, pero nesta ocasión non foi dirixida por David Ballester senón que no atril puxeron un gato chino, presentado como Yositoko Suena, polo que a Banda interpretou esa peza sen director.
David Ballester destacou que cinco das pezas foron interpretadas por primeira vez pola Banda ribadense nesta actuación, felicitou o ano novo aos asistentes e desexoulles que o 2024 lles traia todo o que desexen.





















Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.


