Daniel Castro relata como os pacientes non poden renovar receitas ou solicitar citas, os nenos e nenas carecen de atención pediátrica e en moitas ocasións no Centros de Saúde non hai ningún médico ou médica
Santiago de Compostela, 5 de decembro, 2023. O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo e falta de persoal facultativo na Atención Primaria na comarca da Maríña luguesa e preguntou ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña se pode seguir defendendo que o Goberno galego ofrece “unha atención sanitaria de calidade”.
Na formulación da pregunta ao titular de sanidade, o nacionalista relatou que na localidade de Alfoz, durante os días 22, 23, 24, 27, 28 e 29 de novembro “non houbo médico/a primeira hora da mañá e as urxencias foron enviadas ao Centro de Saúde de Foz”.
Esta situación dixo, repetiuse en O Valadouro: o día 22 de novembro 23, 24, 27 e 28 de 8 a 9 hs e de 13 a 15 h. “O día 29 de novembro tampouco houbo médico ou médica de 11 a 15 hs e o 30 de 12 a 15 h”. Asemade, dixo, as urxencias foron derivadas principalmente ao Centro de Saúde de Foz e ao Centro de Saúde de Alfoz, “coa conseguinte a carga asistencial do persoal”.
En O Vicedo, proseguiu o nacionalista, o centro “fai anos que funciona baixo mínimos, con dous médicos con praza fixa, dos que xa non queda ningún». Esta situación, agregou, foi denunciada por máis de 500 persoas nunha mobilización explicando a través dun comunicado que na actualidade un médico acode ao centro algúns días e durante catro horas para atender urxencias o que impide solicitar citas que conlevan unha espera mínima de sete días.
Por outro lado, Daniel Castro tamén aludiu ao desprazamento dos nenos e nenas para ser atendidos por un pediatra no ambulatorio de Viveiro. «Pero neste tamén nos atopamos sen facultativos desde fai tempo», “Levamos máis dun mes sen poder facer solicitudes de citas, o teléfono do centro de saúde está colapsado e as axendas están pechadas desde hai máis de dúas semanas” recalcou.
O deputado afirmou que , o luns 7 de novembro, o Centro de Saúde de Viveiro contou coa presenza de dous médicos para atender as Urxencias ao non cubrir o SERGAS as cinco ausencias restantes, “dúas persoas de baixa, dúas persoas de vacacións e outra persoa que marchou do SERGAS”.
A maiores, dixo, Viveiro continúa sen pediatra e sen facultativo o 1 de decembro na quenda de tarde cando debería haber catro ao igual que en Ribadeo “sen pediatra durante unha semana do mes de novembro e sen cubrir até despois da ponte”.
Vostede considera que esta pode ser unha sanidade pública de calidade? repreguntou o deputado do BNG ao conselleiro de sanidade.
“Pode dicir o que queira, pero aquí hai xente que non pode ter unha cita co seu médico de cabeceira, hai xente que non pode renovar receitas, hai pais e nais que non poden levar aos seus fillos e fillas ao pediatra e hai xente que moitas veces acude ao Centro de Saúde e non atopa nin un só medico” denunciou.
Sabemos que ser van producir varias xubilacións na Atención Primaria mariñá e non estaría mal, inquiriu o deputado, que a consellería que vostede dirixe abandone “as escusas” e comece a pensar como vai resolver o problema. Non continúen vostedes con “parches” e resolvan unha situación que se prolonga no tempo e prexudica gravemente á poboación. “A saúde non é un luxo, é un dereito” e o goberno da Xunta do PP está deixando aos galegos e galegas sen sanidade pública e de calidade preto de onde vivan.
Pola súa parte, o conselleiro de Sanidade eludiu comprometerse a poñer en marcha medidas para resolver a deficiente situación pola que está atravesando a Atención Primaria na Maríña de Lugo pola falta de persoal facultativo.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



