Ribadeo, 19 de decembro de 2023. O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, acolle unha xornada sobre pintura de alta decoración este xoves, 21 de decembro, ás 16:00 horas. É unha actividade organizada polo departamento de Edificación e Obra Civil do centro coa colaboración das empresas Eurocolor e Valpaint. Está dirixida ao alumnado do centro, a profesionais do sector e a outras persoas interesadas nesta materia e a participación é gratuíta, pero os que queiran asistir deben inscribirse previamente a través do teléfono 609.00.99.98 ou do correo electrónico mendezdeandes@edu.xunta.gal.
O xefe do Departamento de Edificación e Obra Civil do CIFP Porta dá Auga, José Méndez de Andés, explica que “será una jornada técnica de formación a cargo de la empresa Eurocolor, apoyada por una firma fabricante de productos de alta decoración, Valpaint. Consistirá principalmente en la aplicación de microcemento, que es algo bastante novedoso y que se utiliza mucho últimamente. Es un material que queda muy bien, con acabados de distintos colores y pigmentos naturales. Vendrá un técnico para hacer una demostración de la aplicación de ese producto y también va a preparar distintos materiales de pintura de alta decoración, principalmente diversos tipos de acabados de estuco, para ver las distintas opciones que hay ahora con los productos nuevos que salieron al mercado recientemente”.





















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



