Patricia Otero denunciou na Cámara as numerosas e graves carencias na atención sanitaria que lles provoca o Goberno galego aos mariñanos ao non cubrir baixas, vacacións, nin permisos, e non planificar tampouco a cobertura de xubilacións
Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2023. Os socialistas esixiron no Pleno do Parlamento de Galicia deste martes solucións á falta de profesionais sanitarios e ao desmantelamento da Atención Primaria que está padecendo dende hai anos a comarca da Mariña e o Conselleiro de Sanidade respondeu “con escusas e mentiras”.
Así o manifestou a Deputada do PSdeG Patricia Otero, quen recalcou que a Xunta provocou numerosas e graves carencias na atención sanitaria dos mariñanos ao non cubrir as baixas, vacacións, nin permisos, e non planificar tampouco a cobertura das xubilacións dos profesionais.
Así mesmo, Otero desmentiu ao Conselleiro porque “os socialistas nunca votamos en contra de dotar de profesionais aos centros de saúde, nin dun concurso de traslados, nin dun listado de prazas convocadas, porque iso nunca o trouxeron ao Parlamento.
Votamos en contra da trampa do PP coa creación dunha nova categoría laboral en sanidade para acurtar prazos a costa da precarización das condicións laborais do persoal, ao que se opoñen os sindicatos e que levou ao xulgado o colexio de médicos”. “Vostedes o que fixeron foi trampear o modelo de contratación para precarizalo aínda máis, e iso foi o que non apoiamos. Non terxiversen e non sigan a enganar á cidadanía”, subliñou. En todo caso, a postura do PSdeG nesta iniciativa “non sería un problema para ter médicos porque a aprobou o Partido Popular”.
Carencias por toda A Mariña
A Deputada expuxo na Cámara exemplos do desmantelamento ao que a Xunta somete á sanidade pública na Mariña, lembrando que, no centro de saúde de Foz, non cubre a redución de xornada do servizo de pediatría dende hai moitos anos, segue sen matroa e ten prazas de enfermería e medicina familiar sen cubrir; suprimiron o segundo técnico de emerxencias sanitarias da ambulancia de Foz e o servizo 24 horas da ambulancia asistencial, as dúas con base na vila focense, aínda que atenden a todos os veciños e veciñas da Mariña; en Burela non cobren baixas, vacacións, nin permisos, e hai problemas en pediatría; en Ourol levan tempo cun médico a tempo parcial; na Pontenova reduciron dende 2018 de tres a dous médicos, e de dous PSXs a un, unha situación precaria que empeorou nos últimos meses cando chegou a haber días sen ningún profesional; Alfoz, O Valadouro e Ribadeo tamén teñen falta de persoal; no Vicedo hai un único médico e tan só catro horas; en Viveiro, a situación é “crítica, insostible”, pois non teñen pediatría dende hai un ano e chega a haber só dous médicos ou mesmo un, dos 10 que tiña que haber. No caso do centro médico viveirense, recalcou a Deputada, “para tratar de desarticular a manifestación convocada en novembro, a Xunta dixo que o problema estaba resolto, pero a veciñanza atópase agora con que as citas de moitos médicos deste centro están bloqueadas ata xaneiro”.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



