Despois das celebracións festivas de Nadal e fin de ano, algúns teremos comido de máis. E, fartos non só de comida, senón tamén música de propaganda navideña, ou de anuncios de colonias, ou de desexos, de felicitacións dadas e recibidas, pode que nos reconveñamos a nós mesmos na procura de xustificacións ou comparacións, tentado achar algunhas explicacións sexan de consumo ou de receitas de felicidade. Así, lembrando o comezo do parágrafo, ‘o comer’, podemos ligar encherolas a fame noutros lugares, ou, polo contrario, a outras enchentes maiores de diverso tipo. A un tipo destas últimas, metaforicamente falando, se refire o título destas verbas. A esas encherolas tan fabulosas que nin se lles chama así porque xa sobrepasa o significado da palabra, non hai palabras, hai que inventalas. A ‘encherolas’ nas que mesmo nós somos prato a engulir.
Hai un dito na economía que nos venden que ven a expresar a idea de que hai empresas a un determinado nivel por exemplo, estatal, que son demasiado grandes, demasiado importantes, con demasiado peso na economía correspondente como para deixalas caer, deixalas quebrar, o que ven a resultar deixar a seguir que nos traben e nos coman como queiran. Ía dicir, ‘deixalas morrer’, pero ese é un proceso longo, que dá tempo á substitución, ou mesmo ó esnaquizado en varias partes. Iso, aínda que todos eses procesos sexan compatibles co mantemento de axudas ou o parasitismo da sociedade que explotan. Non, estoume a referir a procesos case súbitos -de aí o de ‘deixalas caer’, con caída como un proceso rápido-, que se dan a coñecer practicamente de repente. E faise (fano) así, porque mentres, no período anterior á noticia, os directivos e contables correspondentes, ou os maiores propietarios, dun ou outro xeito gardaron silencio sobre o mal que ían as cousas, ou o descontrol que existía, ou o que sexa, eles seguiron beneficiándose da situación, mediante bonificacións ou protexendo o seu poder.
Poden relacionarse esas situacións das que falo co típico ‘privatizar beneficios, socializar perdas’, co que están ligadas dun xeito evidente, pero nin é necesario. O caso é que ambas son ideas que beben e viven da mesma fonte. Mantén vivas esas ideas unha imaxe que sitúa o privado como mellor que o público; que o comunitario remata sendo malo, funcionando mal e o personalizado e privatizado, bo, cun funcionamento óptimo. E que por iso, os dereitos deben ser todos privados. O que ven sendo, privativos de quen pode impoñelos mentres outra xente se ve privada deles. Por certo, esa imaxe que presenta o público mal e o privado ben, ten exemplos e contraexemplos os que se queira, pois ó fin trátase de actividades levadas a cabo por humanos, mentres está claro a extensión ou concentración de beneficios nun ou outro caso, así como os intereses que hai detrás para que o privativo teña boa prensa.
Como consecuencia, ó longo do tempo temos, a cousa indo do rescate bancario porque os bancos son bos e necesarios, ‘e se hai unha debacle bancaria vai ser peor’, ás alfombras vermellas a Alcoa para que siga contaminando mentres exporta beneficios e socializa perdas a través de tarifas eléctricas, ou tenta de achegar a lexislación para o seu propio beneficio. E sempre hai algún apoio, comprado ou convencido de diversos xeitos.
Por certo, voltando ó comezo, quen moito come, tamén bota moita merda. E non só de xeito metafórico; isto inclúe non só ás persoas ou ós animais, senón ás grandes empresas e ás consecuencias das súas accións.

















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



