Varios pais e nais xa presentaron reclamacións ao atoparse algúns días sen pediatra o centro de saúde
Vilalba, 22 de xaneiro de 2024. O Concello de Vilalba respalda e apoia as demandas e as queixas dos veciños e veciñas pola situación do centro de saúde, con baixas de médicos de familia sen cubrir e retrasos prolongados en determinadas probas e consultas.
“Falamos dun servizo público esencial e calquera persoa usuaria do centro de saúde de Vilalba é testemuña dos recurtes e os retrasos”, asegura a alcaldesa, Marta Rouco, que respalda o traballo dos profesionais do centro e pídelle á Consellería de Sanidade da Xunta “que cubra as prazas vacantes por baixas ou xubilacións e busque solucións urxentes para as listas de espera”.
A día de hoxe, un dos médicos de atención primaria da quenda da tarde está de baixa e sen substituto; outro profesional está de vacacións e xubilase en febreiro, e unha terceira baixa foi cuberta, pero a persoa substituta ten aprobada a adaptación da súa xornada laboral por conciliación e consulta só os luns, mércores e venres, e dous destes días con reducción de horario.
Desde o Concello de Vilalba apuntan que “por estas baixas sen cubrir, tárdase máis en conseguir unha cita de atención primaria ou hai quen directamente acude a urxencias, colapsando tamén este servizo”.
Ademais, varios pais e nais de Vilalba xa presentaron reclamacións ao atoparse algúns días sen pediatra o centro de saúde.
Os problemas son maiores en especialidades como xinecoloxía e nas probas diagnósticas, con meses de espera para unha ecografía, por exemplo, ou semanas para obter os resultados dunha analítica.
“Esta situación provoca que moitos dos nosos veciños e veciñas acudan a unha consulta privada ou teñan que desprazarse ata Lugo, algo que non podemos permitir”, engade Rouco.
Novas prazas do Sergas
Mentres o centro de saúde ten estes problemas, o Sergas fixo pública a semana pasada a adxudicación de 65 novas prazas de médicos de atención primaria, ningunha delas para o centro de saúde de Vilalba.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



