A reparación da rampla de grandes sillares de pedra anexa á ponte da Misericordia e o acondicionamento da rúa perpendicular a Cantarrana; outros das cuestións que os populares demandarán á alcaldesa no pleno de mañá
Viveiro, 9 de xaneiro de 2024. O Grupo Municipal do Partido Popular de Viveiro preguntará mañá, en Pleno, pola situación na que se atopa a Praza de Abastos. Concretamente, demandarán á alcaldesa que precise que previsións ten o goberno local para poñer en valor estas dependencias que están tendo un declive importante e, se por outra banda, contempla no documento orzamentario deste ano algunha partida concreta para tal fin. E é que, tal e como denunciaran recentemente os populares, dos doce postos existentes, tan só están operativos cinco.
Dende o PP consideran así que é necesario manter este espazo, xa que, “é un dos pulmóns económicos da cidade” e é un dos elementos máis representativos da mesma. Proba delo, lembra Mariña Gueimunde, é que a antiga pescadería data da década de 1920 e a fachada exterior segue mantendo a estética primitiva.
A voceira popular pon así o foco no que “é un exemplo máis da falta de traballo do actual goberno”, afeándolle que “non fose quen de aproveitar as axudas que impulsan outras administracións como a Xunta de Galicia para a dinamización deste tipo de instalacións”. Concretamente, o Goberno galego pon a disposición dos Concellos a liña de subvencións de concorrencia non competitiva Rede de Mercados Excelentes de Galicia que están destinadas á adecuación e a mellora dos equipamentos públicos comerciais municipais e constitúe un elemento clave para o desenvolvemento do comercio.
OUTROS ASUNTOS
Noutra orde de asuntos, os populares solicitan ao Concello, en primeiro lugar, a reparación da rampla de grandes sillares de pedra anexa á ponte da Misericordia e que, por mor das mareas e o paso do tempo, se foi deteriorando e constitúe un perigo para os rapaces e escolares que pasan a diario polas súas inmediacións para ir aos centros de ensinanza.
Asemade, reclaman o acondicionamento da rúa perpendicular a Cantarrana; un vial que dá servizo a garaxes e cuxo estado é moi deficitario e supón unha incomodidade para os usuarios e particulares que non teñen outra alternativa para acceder aos seus inmobles e non dispoñen doutro espazo na contorna para estacionar os seus vehículos.























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



