A candidata do BNG por Lugo afirmou que o BNG está listo para gobernar a Xunta de Galiza “con solvencia”e coa presidencia de Ana Pontón
Lugo, 28 de xaneiro de 2024. A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, interviu en Santiago de Compostela, xunto a Ana Pontón, na convención nacional do BNG e reuniuse en Lugo con integrantes do Partido Cantabrista (https://cantabristas.com).
Na xuntanza estiveron presentes o Tenente Alcalde de Lugo e cargos orgánicos e institucionais do BNG. Militantes e cargos do Partido Cantabrista deprazaronse a Galiza para coñecer o funcionamento do BNG e vivir a precampaña das eleccións galegas do vindeiros 18 de febreiro.
“O BNG, en pleno ascenso, é referente para moitas forzas soberanistas emerxentes no Estado” dixo Olalla Rodil que engadiu “sempre hai a necesidade de expresar a identidade propia e as forzas soberanistas, con distintas fórmulas e nas diferentes zonas do estado, son quen ampara a identidade dos pobos e de representar as súas inquedanzas”. “Temos que construír unha Galiza máis forte e orgullosa da súa identidade, afortalando a capacidade de decisión do pobo galego, avanzando no noso recoñecemento como nación e no noso autogobern” dixo Olalla Rodil.
Para o BNG exite máis esperanza, porque o galego é un pobo digno e traballador que non se resigna a ver como nos van achicando, como van facendo a cada pouco este País máis pequeno. Neste cotexto, é preciso pór en marcha un plan de goberno ambicioso e de País que colla da man os sectores sociais, económicos e culturais máis vivos e dinámicos de Galiza para abrir unha urxente e necesaria fiestra de oportunidade. Un goberno que estea liderado, por primeira vez na historia de Galiza, por Ana Pontón, unha muller nacionalista coas mans libres para defender os intereses das galegas e galegos, sen ataduras.



















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



