Viveiro, 29 de xaneiro de 2024. O Concello de Viveiro abre un prazo de inscrición do 1 ao 9 de febreiro para participar no desfile e o concurso de Entroido.
“O Entroido é, sen dúbida, unha das datas máis sinaladas en Viveiro. Agardamos que tanto os nosos veciños e veciñas, como a xente que nos visita nestes días, desfruten do ambiente da nosa vila”, sinala María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
O certame de disfraces contempla categorías de adultos (carrozas, comparsas con musica, grupos, parellas e individual) e infantil (individual, parellas e grupos). Unicamente será posible inscribirse nunha categoría.
A inscrición será no rexistro ou na sede electronica do Concello de Viveiro.
O Concello de Viveiro concederá premios aos catro mellores participantes en cada categoría, cun premio de 700 euros para a mellor carroza. En total, repartiranse case 5.500 euros en premios entre todas as categorías.
Tamén se concederá un premio especial ao humor e á orixinalidade, entre todos os participantes da categoría adultos. Por último, o Concello de Viveiro outorgará unha axuda especial por un importe máximo de 200 euros a cada unha das carrozas participantes no desfile.
Está previsto que o programa completo do Entroido sexa anunciado próximamente.