Ribadeo, 22 de xaneiro de 2024. Ribadeo proponlle á Dirección Xeral de Maiores a firma dun convenio de colaboración para a realización de actividades no centro de día e nas parroquias.
O alcalde, Dani Vega, sinalou que “seguimos traballando e xestionando orzamento para Ribadeo. Hoxe recibimos a visita do director xeral de Maiores, onde o Concello lle propuxo unha colaboración desde a responsabilidade, pero sempre entendendo que a Xunta de Galicia nos debe axudar para promover moitas actividades de importancia e que a sociedade nos demanda”.
O rexedor declarou: “nos entendemos que a colaboración entre o Concello e a Xunta, e falo concretando no centro sociocomunitario, debe haber un traballo conxunto para nutrir de actividade esta instalación tan importante para Ribadeo”.
Vega explicou que “nos propuxemos realizar actividades, por iso ese convenio de colaboración, que nos virá tamén moi ben para seguir promovendo accións nas parroquias, como é o caso de Preto de Ti. Actividades en cada parroquia e tamén colectivas xuntando ás persoas e aí facer cousas conxuntas. Cada vez máis debemos xuntarnos, debemos facer actividades en unión con todas as parroquias e creo que estamos nese camiño acertado e tan importante”.
O alcalde indicou que “nos hoxe propuxemos un convenio de colaboración, de traballo conxunto e a Xunta de Galicia vainos axudar a levar a cabo moitas actividades con colectivos e con asociacións”. E lembrou que “estes días estabamos a celebrar en Pedro Murias os cursos de cociña, tanto con mulleres rurais como con amas de casa. Había esta actividade, e neste caso axudábanos Agacal (Axencia da Calidade Alimentaria) para poñer en valor o produto de proximidade, de asociacións como A Sucadoira, e degustalo e seguir traballando conxuntamente”.
Dani Vega engadiu: “a nos parécenos moi importante que a Dirección Xeral de Maiores invista en Ribadeo e sigamos nese camiño, que é o que realmente importa para Ribadeo: xestionar e traballar cun interese único, que é Ribadeo”.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



