As sentenzas constitúen un paso importante no camiño de reclamación das perdas provocadas pola presión das industrias
Compostela, 22 de Febreiro 2024. No día de onte coñecemos as sentenzas da Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Nacional que confirman as condenas ás industrias que formaban o Cártel do Leite. En total son nove sentenzas, das cales sete confirman integramente os feitos polos que a Comisión Nacional de Mercados e da Competencia (CNMC) sancionaba en 2019 a estas empresas, e incluso se lle impón a condena en costas por ver desestimado o seu recurso.
Con isto confírmanse as protestas/denuncias públicas do Sindicato Labrego ao respecto das prácticas ilegais que as empresas executaban para impedirlle ás explotacións cuestións básicas como cambiar de empresa ou reclamar mellores prezos.
As prácticas do denominado Cártel do Leite datan, canto menos, do ano 2000, no que aínda había en activo 53.355 granxas de leite no Estado -das cales 28.231 eran galegas- e prolongáronse até o 2013. O pacto de prezos fraudulento establecido entre estas industrias lácteas acabou contaminando a totalidade do sector, que fixou uns prezos artificialmente baixos e impediu ás granxas cambiar de empresa, alterando polo tanto as condicións de mercado. Polo tanto, os prezos do resto víronse afectados, prexudicando a todas as granxas que entregaban leite, o cal podía permitirlles reclamar como afectadas contra o Cártel do leite. O SLG realizará asembleas informativas para achegarlle á xente as novidades e situación actual do proceso contra o Cártel do Leite.
Aínda que as sentenzas non son firmes e poden ser recorridas en Casación ante o Tribunal Supremo, son unha boa noticia para as explotacións gandeiras que decidiron reclamar contra o Cártel do Leite, xa que se veñen a confirmar as teses que dan lugar a dita reclamación, e constitúen un paso importante no camiño da reclamación das perdas económicas ás empresas do Cártel.
O 11 de Xullo de 2019, a Comisión Nacional de Mercados e da Competencia impúxolle unha sanción a estas industria lácteas -Capsa Foods (Central Lechera Asturiana, Larsa…), Danone, Lactalis, Industrias Lácteas de Granada, Pascual, Nestlé, Schreiber Food, Asociación de Empresas Lácteas de Galicia, Gremio de Industrias Lácteas de Cataluña e Central Lechera de Galicia-, que foi recorrida vía xudicial por tódalas elas.
Das nove condenadas que recorreron, só dúas dúas delas (PULEVA e Corporación Alimentaria Peñasanta), conseguiron reducir a sanción por entender que non cometeron a infracción durante todo o período. Respecto da AELGA (Asociación de Empresas Lácteas de Galicia) a sentenza entende que a sanción non está correctamente motivada, e remítelle novamente o expediente á Comisión Nacional de Mercados e da Competencia para que calcule novamente a sanción a impoñer de forma motivada.
En todo caso, confírmanse as condutas infractoras así como a maioría das sancións, e con isto queda máis despexado o camiño cara a reclamación das perdas que sufriron as explotacións produtoras de leite.



















Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



