A Xunta de Goberno aprobou solicitar os fondos ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico co fin de desenvolver un programa de capacitación tecnolóxica destinado fundamentalmente aos maiores, mulleres, infancia, mocidade e persoas en situación de desemprego
Lugo, 2 de febreiro de 2024. A Xunta de Goberno aprobou este venres solicitar fondos por importe de 750.000€ ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico co fin de desenvolver un programa de formación en materia dixital nos concellos da provincia de menos de 5.000 habitantes.
Así o explicou a Voceira socialista do Executivo provincial, Pilar García Porto, quen concretou que, con esta nova iniciativa, a Deputación “pretende reforzar o apoio que xa estamos prestando aos concellos para a transformación dixital grazas aos fondos que conseguimos da Unión Europea, coa dotación de servizos e equipamentos tecnolóxicos que contribuirán a mellorar o servizos públicos que ofrecen ós seus veciños e veciñas”.
Detallou, así mesmo, que o programa que solicita agora a Deputación ao Goberno central está dirixido á formación e capacitación tecnolóxica, fundamentalmente de colectivos sociais para os que se require unha perspectiva demográfica específica, como os maiores, as mulleres, a infancia, a mocidade e as persoas en situación de desemprego.
Entre as cuestións que se van abordar en caso de obter este novo investimento, sinalou García Porto, están a elaboración dun Currículum Vitae online, o manexo de ferramentas como LinkedIn ou Infojobs, tamén o uso práctico da intelixencia artificial, a edición de fotografías, márketing dixital, o uso da banca online ou facer reservas por internet, entre moitos outros temas vencellados coas novas tecnoloxías que son útiles para o día a día.
“Queremos seguir achegando as novas tecnoloxías ao noso rural, contribuíndo a eliminar a fenda dixital, e mellorar así a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas, que é un factor fundamental para loitar contra o reto demográfico e fixar poboación na nosa provincia”, asegurou a Deputada.
Parque Móbil e Granxa Gayoso Castro
Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou a adxudicación de dous contratos de subministro de material para o funcionamento do Parque Móbil da Deputación por un importe conxunto que supera o millón de euros. Por un lado, o contrato de subministración de emulsión asfáltica á empresa Probisa Productos Bituminosos SLU, por preto de 720.000€, e unha duración de 6 meses, con posibilidade de prórroga por outro semestre; e, por outro, o contrato de subministración de áridos á empresa Canteira do Penedo SA, por 375.000€, e unha duración de dous anos, con posibilidade de facer dúas prórrogas anuais.
Así mesmo, a Xunta de Goberno aprobou licitar os traballos de ensilado de herba para a Granxa Gayoso Castro por un importe de 33.000€ para unha campaña, prorrogable ata dúas campañas máis.



















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



