Os traballos inclúen máis de 3,5 kms en viais en Benquerencia, San Xusto e Vilamartín Grande; en aglomerado e rego asfáltico
Barreiros, 2 de febreiro de 2024. A Xunta de Goberno Local de Barreiros, aprobou este martes o inicio da licitación para o arranxo dos camiños de A Picota e As Brañas, en Benquerencia; de acceso ás Cambas, en Vilamartín Grande e da LU133 a Ladrido.
Os viais de Benquerencia suman un total de 715metros que se arranxarán con aglomerado en quente por un importe de 48.805,22 euros. O importe máis elevado correspóndese coas actuacións que se desenvolverán nos 2.857metros que suman os viais de San Xusto e Vilamartín, onde se arranxarán os accesos a Ladrido desde a LU133 con aglomerado en quente, ao tempo que se procederá ao arranxo da ponte situada sobre o rego Puxigo e no de acceso ás Cambas, en Vilamartín Grande; onde se executará a mellora mediante rego asfáltico.
As empresas teñen de prazo para presentar as súas ofertas ata o 19 de febreiro. Para a execución de ditos viais prevese un prazo de tres meses, tendo que estar finalizados en calquera caso antes do 26 de agosto.
Os traballos serán financiados con cargo á axuda solicitada polo Concello de Barreiros ao abeiro da Orde do 11 de decembro de 2023 da Consellería de Medio Rural, pola que se regula o Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestructuración parcelaria 2023-2024 de mellora de camiños municipais de zonas de concentración ou reestructuración parcelaria rematadas, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, segundo a cal ao Concello de Barreiros lle correspondería a contía máxima de 143.253,10 €; asumindo o Concello 30.083,15 € correspondentes ao IVE.






















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



