Catalunya será a terceira nación do Estado en anticipar eleccións, convocadas para o 12 de maio, nestes primeiros meses de 2024, logo do noso País (18-F) e de Euskadi , onde se celebrarán o 21-A. No caso do país mediterrâneo o president Aragonés xustificou a súa decisión no rexeitamento por parte do Parlament catalán do seu proxecto de Orzamentos para 2024. ERC só obtivo o acordo co PSC, mais rexeitou negocialos com JuntsxCat e non asumiu a esixencia incondicional dos Comúns de vetar o proxecto Hard Rock Entertainment World no Camp de Tarragona, a carón de Port Aventura. Un proxecto que xa fora aprobado pola Generalitat hai anos malia que arestora semelle pouco viábel ambientalmente tendo en conta que poderia consumir a mesma auga ca a cidade toda de Reus na actual conxuntura de seca na Catalunya. En calquera caso o seu impacto non sería comparábel ao desaquelado proxecto de planta industrial de Altri en Palas de Rei e os seus moi negativos potenciais efectos a respecto da miticultura, pesca, marisqueo e indústria conserveira da ría de Arousa, e da agricultura e gandería da Ulloa e das bisbarras da conca do Ulla en xeral.
Nun primeiro momento semellaba que só o ERC, que adoptou a-certamente lexítima-decisión de convocar eleccións e máis o PSC-PSOE ( que de vez anunciou que non presentaría proxecto de Orzamentos estatais para 2024, adiándoos ao 2025) pensaban tirar proveito da convocatoria anticipada. Mais a decisión do presidente Puigdemont de se postular como candidato á presidencia da Generalitat por JuntsxCat rachou de vez o marco. Sen dúbida quen convocou matinaba con razón que a amnistía non sería lei até fins de maio e que as terminais na Sala do Penal do Supremo do deep state poderían suspender a aplicación da amnistía mentres o Copnstitucional e/ou o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TSXUE) non resolvan as cuestións de constitucionalidade ou prexudiciais que sen dúbida o Supremo lles remesará a rfespectop da aplicación desta lei orgánica. Porén, a mesma lei di claramente que logo de vixente a amnistía han ser deixadas sen efecto ningún as euroordes e ordes estatais de prendemento ou calquera caste de medidas cautelares. Malia todo é posíbel e mesmo probábel a existência dalgún risco (sempre de duración temporal) non previsto.
Mais estas forzas, canda a propia prensa madrileña nas primeiras horas despois do anuncio, non se decataron que a decisión de Puigdemont era a de asumir un reto histórico e tentar converter as eleccións nacionais catalãs nun plebiscito sobre a súa xestión no exilio dende o 30 de outubro de 2017. Unha xestión baseada na lexitimidade do seu mandato, na ilexitimidade do 155 que aprobaron Rajoy e Pedro Sánchez e no êxito dunha amnistía que non deixa ninguén fora, logo dunha demostración de forza ao vetar o limitado e bastante trapalleiro texto do 30-X que aceptou ERC e que o PSOE dicía irreformábel. Tentar reactivar o desanimado e dividido soberanismo catalán e amosarse o único voto soberanista útil. Deste xeito semella que Puigdemont, como ven de escrebir Pilar Rahola, pode ser o candidato que saiba ler o momentum. Un momentum que xurde da tripla circunstancia da candidatura do xironés, da aprobación da amnistía e da rendibilidade política da súa negociación co Estado a respecto da desenvolvida pola ERC. Ademáis, é difícil albiscar Puigdemont xestionando a autonomia, de acadaren um acordo de coalición que permita a súa investidura, ao xeito de Aragonés. Se mobiliza o voto soberanista e non lle ofrece escenarios alén da autonomia actual perderia toda a súa credibilidade entre esse electorado.
Certo é que o PSC amosouse forte nas estatais do 23-X e vai por diante nas sondaxes feitas ate de agora. Mais tamén é verdade que Illa vai ter que loitar coa enxurrada mediática a respecto da súa xestión no Ministerio de Sanidade mercando máscaras e que o PP pode captar dentro do unionismo boa parte do electorado de Citadans que foi ao PSC nas eleccións catalãs de 2021, canda parte do que votou Vox daquela.
Velaí o efecto Puigdemont, que racha coa tendencia da evolución autonómica post procès e enfronta ao electorado soberanista (e mesmo a parte do que está a prol da ampliación do autogoberno) diante do dilema de confiar ou non, outravolta, na vía de dar pasos substanciais cara ao exercício, máis ou menos regulado, do dereito de autodeterminación nos vindeiros anos.

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



