A Xunta traballa en favor dun marco que permita aos pesqueiros adaptarse de forma gradual ao uso de novas fontes enerxéticas no entorno actual de descarbonización
Bruxelas, 28 de febreiro de 2024. A Xunta de Galicia aposta por continuar avanzando nun proceso de descarbonización da frota que é necesario realizar de forma gradual, asumindo este reto de forma realista para que sexa asumible polo sector. Así o sostivo este mércores en Madrid o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, que participou nun obradoiro sobre Innovación e Tecnoloxía organizado pola Asociación para a Transición Enerxética (ETP), plataforma que puxo en marcha a Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e Pesca da Comisión Europea (DG MARE).
Na cita o responsable galego aproveitou para introducir unha derivada que complementa á necesidade de que os cambios atendan á realidade do sector e se acompasen ás súas posibilidades de acometelo: os profesionais do mar galegos, que están comprometidos con pescar máis e mellor, coa sustentabilidade e coa loita contra o cambio climático, a transición enerxética e toda a mellora da parte ambiental ten que ter unha distinción, recoñecemento e alicientes con respecto a aquelas frotas que non fan ese traballo.
Este encontro foi o segundo taller auspiciado pola DG MARE tras un primeiro obradoiro que, celebrado a finais de novembro de 2023, abordou as finanzas da descarbonización. Nesta ocasión, o representante da Consellería do Mar e os participantes de diferentes rexións comunitarias de toda a UE aproveitaron para abordar as oportunidades actuais de innovación e tecnoloxía dispoñibles para a transición enerxética, incluíndo as innovacións en engrenaxes e motores así como a utilización de combustibles alternativos.
Tamén se exploraron e identificaron as fendas tecnolóxicas e de I+D+i existentes na actualidade e as posibles solucións en áreas da investigación que afectan aos sectores da pesca e a acuicultura neste tránsito cara ao futuro novo modelo. Un camiño no que Galicia e o seu sector marítimo-pesqueiro pretende explorar as distintas posibilidades de colaboración e as posibles sinerxias para propiciar este cambio gradual.
As conclusións do debate en foros como o celebrado na sede da DG Mare en Bruxelas servirán como base para a elaboración dun documento que recollerá os problemas, desafíos, oportunidades e achados máis importantes que contribúan ao deseño da folla de roteiro para acadar a descarbonización na pesca e na acuicultura da UE no ano 2050.
Neste contexto, Antonio Basanta volveu a recordar que Galicia conta coa maior frota pesqueira da UE, con 4.200 barcos, sinalando que este proceso non pode derivar nun impacto lesivo á capacidade de pesca dos buques. Por iso hai que dar pasos como o de definir, en primeiro lugar, a tecnoloxía axeitada á que mudar os motores que hoxe funcionan a diésel e gasolina cunha tecnoloxía axeitada á que mudar os motores que hoxe funcionan a diésel e gasolina. Un ámbito onde a Xunta traballa xa xunto á Asociación Clúster do Naval Galego (Aclunaga) e a Fundación MarinnLeg, co fin de avaliar as posibilidades da frota galega de avanzar na transición enerxética, pero facéndoo sempre con sentidiño, sen afectar a súa sustentabilidade e rendibilidade.
Tamén se traballa coa Escola Técnico Superior de Náutica e Máquinas da Universidade da Coruña (UDC) para anticiparse ás necesidades que xerará esta remuda en materia tecnolóxica dentro dos barcos de pesca en ámbitos como o da formación dos tripulantes.























Agradeceu á Agrupación Hijos de Galicia e ao Ayuntamiento a súa acollida e puxo en valor o papel da emigración como embaixadora da vila. Rouco convidou a descubrir Vilalba e a súa identidade cultural e gastronómica, destacando produtos como o Queixo San Simón da Costa ou o Capón de Vilalba. Durante toda a fin de semana, a vila contará cun espazo propio na Praza do Kasko para promocionar os seus atractivos turísticos e reforzar a súa proxección fóra de Galicia.
Ao acto acudiron, entre outros, o patrón maior da Confraría de Pescadores de Ribadeo, Javier Martínez, a concelleira de Turismo, Marta Saiz, a deputada autonómica Cristina Sanz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como directivos do RCNR. Ademais a bandeira oficial de Ribadeo xa loce no peirao.
Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.



