O evento é o único dedicado ao peixe e o marisco de Alemaña e alberga 320 expositores de 27 países diferentes coa asistencia de 10.000 visitantes de máis de medio centenar de nacionalidades
Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2024. A Xunta de Galicia continúa apostando pola conquista de novos mercados para os produtos do mar galegos apoiando a presenza de empresas do sector na feira Fish International Bremen en Alemaña. Así o manifestou o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, que se desprazou ao país xermano onde destacou tamén a representación galega na feira internacional Gulfood de Dubai celebrada recentemente como exemplos dos esforzos do Goberno galego por continuar impulsando a internacionalización da comercialización dos produtos pesqueiros de Galicia.
Nesta liña, puxo en valor as cifras récord de exportación do sector que alcanzaron os 2.700 millóns de euros no 2022 e que a tendencia indica que foron superadas o ano pasado, situando unha vez máis á cadea mar-industria da comunidade como un referente internacional. Para afondar nese crecemento a Administración autonómica reforzou nos Orzamentos do 2024 os fondos destinados á dinamización dos mercados, dos produtos de calidade diferenciada e do consumo dos alimentos do mar, un aumento superior ao 30 % ata case os 42 millóns de euros.
Este evento, que comezou o pasado 25 de febreiro, conta con 10.300 m2 nos que hai instalados 320 expositores de 27 países e que estimase que sexan visitados por máis de 10.000 profesionais de máis de medio centenar de nacionalidades. Unha cita que constitúe unha plataforma excepcional para o comercio dos produtos pesqueiros xa que permite coñecer as últimas novidades e innovacións do mercado alemán. Galicia contará cun espazo propio no recinto no que estarán presentes as seguintes empresas galegas: Copesma Conxelados, Cassua, Pereira Produtos do Mar, Conxelados Noriberíca, Stolt Sea Farm, Global Runner e Ailla Pasteurizados.
Máis feiras
O vindeiro mes de marzo a Xunta continuará impulsando a presenza de empresas galegas en feiras internacionais de primeiro nivel como Foodex de Xapón, a Seafood Expo North America Boston e a Alimentaria de Barcelona para seguir ampliando a presenza dos produtos pesqueiros de Galicia nos mercados internacionais.



















A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.



