Como novidade este ano haberá dous grandes sorteos e o incremento do número e contía do premios do desfile, que se celebrará o 13 de febreiro. O programa de actividades desenvolverase do 3 ao 17
Ribadeo, 1 de febreiro de 2024. O Concello organiza o Antroido 2024 en Ribadeo coa colaboración de Acisa e de diversas empresas, asociacións e colectivos ribadenses. O cartel xa foi presentado.
Coa idea de dinamizar diversos espazos da vila como o da zona vella, o sábado 10 de febreiro a 01.00 da madrugada terá lugar o sorteo de tres grandes premios: 2000 euros en metálico doados polas charangas Aturuxo e A Choca, 500 euros en metálico doados polos locais da zona vella Ribadeo e 200 euros en vales de compra, doados por ACISA Ribadeo.
Non menos importante será o premio que se reparta o domingo 11, Lardeiro, o día máis tradicional do Antroido ribadense, e que ten como protagonistas á Comparsa do Cocho e a figura da Mascarita. Ir vestido de Mascarita será precisamente a chave para poder optar a unha viaxe para dúas persoas ao Carnaval dos Indianos de Santa Cruz de La Palma 2025 e unha noite nun Parador de Turismo para dúas persoas por cortesía de Paradores Ribadeo.
O 10 e 11 de febreiro os establecementos de hostalería adheridos repartirán entre a súa clientela, que acuda disfrazada, as rifas para estes sorteos.
A Antroido 2024 recupera tres citas importantes: a primeira é a Festa do Freixó, que se poderán degustar as fins de semana do 3 e 4 e 10 e 11 de febreiro; a Gala do Antroido, o 3 de febreiro ás nove da noite no Cine Teatro. Estará dedicada á música e nela terán un papel protagonista entidades locais como a EMMeD, a Banda de Música e a Coral Polifónica, acompañadas de amantes do carnaval que se sumarán á festa; e volve tamén a entrañable Cea de Antroido. Terá lugar o luns 12 ás 21 horas na carpa instalada no Campo de San Francisco, amenizada polo grupo Pantera Rosa e a música dun DJ. Os tíckets poderán recollerse nos establecementos O Xardín, Galipizza, A Cova, Bar Galicia e O Fuso.
A organización tamén destaca o incremento e contía dos premios do desfile do Martes de Carnaval cun importe de 6.900 euros, dos que as entidades colaboradoras (Donapubli, Aquí Diario, Rotugraf Ribadeo, Serigrafía Eo, GestiónGratelu, Espectáculos Pico, Be One, TopCad, Coto Estudios y Construcciones , Gráficas Ribadeo, Comisión de Festas e Congelados Silvent) achegan 2.400 euros. Como en anos anteriores, o desfile sairá da Avda. Rosalía de Castro ás 17.30 horas. Nesta edición, antes da entrega de premios ofrecerase unha chocolatada aos participantes na carpa do Campo de San Francisco, doada por Clun e Chocolates Moreno.
A organización convida tamén a asistir ao tradicional Baile infantil no Rosalar o domingo 11, que este ano contará coa actuación do grupo Dino Rockys.
O Antroido 2024 rematará coa tradicional Queima o 17 de febreiro. A comitiva fúnebre acompañada de viúvas e viúvos e das charangas de Ribadeo A Choca e Aturuxo sairá desde a Casa do Concello ás 21.00 horas. A parte máis emotiva deste programa terá lugar o domingo 4 ás 18.00 horas na Gala Homenaxe In Memoriam en recordo a todas as persoas impulsoras do Antroido de Ribadeo, que xa non están con nós.
Por último, a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, quere agradecer “a colaboración de entidades, empresas e veciñanza a título particular que colaboran de xeito desinteresado nesta festa que é de todas e todos os ribadenses e sen cuxa achega non sería o noso Antroido. Animamos a toda a veciñanza e visitantes a que se una a nós nesta celebración”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, sinalou que “por diante temos tres fins de semana de actividades na rúa, que contribuirán a dinamizar a hostalería e o comercio de Ribadeo. Toca remexer nos baúis, desempoar traxes e máscaras e disporse a gozar do Antroido ribadense”.























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


