As actividades programadas ocuparán os meses de febreiro e marzo
Barreiros, 29 de febreiro de 2024. O Concello de Barreiros iniciou a semana pasada unha serie de actividades enmarcadas no programa +Igualdade cunha xornada formativa para o persoal da Escola Infantil Municipal centrada na detección temperá de sinais de alarma que afectan ao desenvolvemento evolutivo das nosas crianzas. A xornada formativa foi impartida de xeito altruísta pola Asociación Guillén Veiga Iglesias e responde á aposta deste goberno pola formación troncal e continuada das persoas que educan ás nosas crianzas desde os seus primeiros anos de vida, que son claves no axeitado desenvolvemento integral das mesmas.
A alcaldesa, Ana Ermida, expresou que “Consideramos fundamental promover unha educación igualitaria desde as etapas máis temperás da vida. As actividades do programa +Igualdade son clave para construír unha sociedade máis xusta e equitativa”.
Neste contexto, a concelleira de igualdade, Montse Porteiro, fixo entrega na Escola Infantil dunha colección de contos infantís financiados con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Estes abordan temas esenciais na formación das crianzas tales como emocións, estereotipos de xénero, diversidade, sexualidade e prevención de abusos, sempre adaptados as súas idades. “É un deber proporcionarlles ferramentas desde moi cedo que promovan a igualdade, a empatía e o respecto mutuo. Estes contos financiados grazas aos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero son un paso importante nesa dirección”, afirmou Porteiro.
As actividades do mes de marzo centraranse nas mulleres e crianzas
As actividades planificadas para marzo polo goberno barreirense, centradas nas mulleres e nas crianzas, foron detalladas pola concelleira de igualdade, Montse Porteiro. “Comezaremos o mes de marzo con outra actividade formativa na Escola Infantil Municipal ofrecendo un curso para as e os traballadores centrado na aprendizaxe de primeiros auxilios nas idades pediátricas, formación catalogada como imprescindible pola comunidade científica e que permite salvar a vida das nosas crianzas cando se presentan episodios graves como un atragoamento ou unha apnea”. A formación terá lugar o próximo 4 de marzo e será impartida por Matronas e Nais.
No marco do Día Internacional da Muller, 8 de marzo, está programada a lectura do manifesto institucional na Praza do Concello ás 13 horas. A concelleira tamén anunciou un obradoiro de musicoterapia para mulleres impartido pola musicóloga e musicoterapeuta María Fuente no centro sociocultural de San Cosme ás 11 horas. “O obxectivo deste obradoiro, -Sandar desde a creatividade-, non é outro máis que a creación dun espazo pensado para as mulleres onde expresarnos a través da música, crear e traballar o autocoidado, tantas veces esquecido pola dedicación aos demais no papel de coidadoras que a sociedade ten reservado tradicionalmente para as mulleres”. Para participar neste obradoiro é precisa a reserva de praza no teléfono 629.668.251.
Para rematar o mes de marzo, a área de Igualdade programa unha nova edición, por terceiro ano consecutivo, da Escola de Familias impartida por Disciplina Positiva A Mariña. Montse Porteiro sinalou que “estes obradoiros, que se desenvolverán con periodicidade mensual a partir do 23 de marzo, abordarán cuestións tan importantes como a igualdade, o respecto, á diversidade, a identificación e evitación dos abusos, as enfermidades de transmisións sexuais que están a aumentar na poboación xeral máis tamén na adolescencia, ou a autoestima e autoconfianza”. Estes obradoiros darán comezo o sábado 23 de marzo ás 10 horas no centro sociocultural de San Cosme e consistirán en tres sesións con periodicidade mensual. Haberá tamén un espazo adicado ás crianzas co obxectivo de facilitar a conciliación á vez que se lles proporciona tamén formación mentres xogan ou desenvolven actividades.
O Concello de Barreiros celebra a continuidade e a participación veciñal cada vez maior e anima á comunidade a implicarse nas actividades programadas, financiadas tamén con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.





















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



