Ribadeo, 11 de febreiros, 2024. Ribadeo acolleu este domingo o Campionato Galego de Remoergómetro organizado polo Club de Remo de Ribadeo, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse ata o pavillón polideportivo ribadense, no que ao longo da mañá competiron preto de 300 deportistas de distintas categorías -desde alevín ata veteranos- de 23 clubs de toda Galiza, entre eles, unha vintena de remeiras e remeiros do club ribadense, que conta cunha das mellores canteiras do país.
Daniel García parabenizou ao club ribadense “que co traballo diario e os resultados deportivos, pero tamén coa organización de eventos deste nivel, segue reforzando o sue papel referencial no remo galego” e ratificou o apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo ao deporte de base, como actividade competitiva e como contribución a un ocio activo e saudable para a mocidade.
Na entrega de premios participaron a presidenta da Federación Española de Remo, Asunción Loriente, o presidente da Federación Galega de Remo, José Luis Méndez, o presidente do Club de Remo de Ribadeo, Jesús Carreira, o alcalde ribadense, Daniel Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, e o edil do BNG, Pablo Vizoso.
Pola súa banda, o alcalde, Dani Vega, tivo palabras de felicitación para todas as vencedoras e vencedores, en especial para o Club de Remo de Ribadeo, que subiu varias veces ao podio.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



