Pide o voto para a Galicia unida dentro da diferenza, que resolve os problemas e non perde o tempo, na que os galegos pagan menos impostos, na que as familias poden estar tranquilas porque os seus fillos contan cunha educación pública gratuíta e na que os maiores poden envellecer onde queiran e ter a vida que queiran
Ribadeo, 6 de febreiro de 2024. O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, manifestou hoxe a súa intención de seguir construíndo a partir do 18 de febreiro “unha Galicia de todos e para todos, pensen o que pensen e vivan como vivan”.
Pediu o voto para a Galicia unida dentro da diferenza, que resolve os problemas e non perde o tempo, que atrae investimentos, que está a carón da xente do mar e do sector primario, na que os galegos pagan menos impostos, na que as familias poden estar tranquilas porque os seus fillos contan cunha educación pública gratuíta e na que os maiores poden envellecer onde queiran e ter a vida que queiran.
“Pido a maioría necesaria para non pactar con ninguén máis que coa xente que me deu a súa confianza e pido tamén que votedes como votastes nas eleccións municipais e xerais”, afirmou dirixíndose aos ribadenses que fixeron alcalde a Daniel Vega e que fixeron de Lugo a provincia con maior apoio ao Partido Popular de toda España o 23 de xullo.
Para iso Rueda ofrece a todos os galegos –e hoxe concretamente ás máis de 350 persoas que enchían o Cine Teatro de Ribadeo e entre as que se atopaba a súa nai, Lola de Valenzuela– toda a súa convicción e confianza para gañar con argumentos, con razóns, cun programa e “cunha única razón de ser que non é gañar por gañar, senón seguir traballando por Galicia”.
O líder dos populares galegos reivindicou que Galicia non necesita importar modelos como o de Podemos, que aínda está orgulloso da Lei do só si é si que rebaixou a pena a máis de 1.200 agresores sexuais e deixou na rúa a máis de 120; o de Sumar, que da leccións sobre como hai que vivir cando é un partido resultante da división; ou o dun PSOE que di si a todo o que veña de Pedro Sánchez aínda que non sexa nada bo para Galicia.
E moito menos o dun BNG ao que non lle gusta que lle recorden que van en coalición con Bildu, apoia a amnistía, pide a liberación de presos de ETA ou “di amén a que cada galego teña que pagar 400 euros para condonarlle a débeda ao independentismo catalán”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



