A Xunta de Goberno deste venres aprobou sacar a contratación o acondicionamento nos 3 primeiros quilómetros da LU-P-1503, coa reapertura de cunetas, o ensanche en varios tramos, a regularización do firme, o aglomerado en quente e a sinalización
Lugo, 22 de marzo de 2024. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación por preto de 500.000€ de obras de mellora na estrada LU-P-1503, que é a vía que vai de Castelo a Trasbar, no concello de Cervo. Unha nova actuación, coa que “seguimos mellorando a rede de estradas provincias, neste caso, na Mariña”, subliñou a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto.
Os traballos teñen un prazo de execución de 9 meses e afectarán a case 3 quilómetros, desde o inicio da estrada ata o punto quilométrico 2,6. Consistirán na reapertura das cunetas, eliminando a vexetación e os aterramentos; e no ensanche en varios tramos da calzada ata chegar a acadar nalgún punto os 5,75 metros, o que permitirá garantir unha maior seguridade para o paso de dous vehículos.
Para lograr eses anchos de vía, realizaranse traballos de drenaxe nos que será necesario entubar as cunetas ou revestilas sobre as xa existentes. Posteriormente, botarase sobre a calzada unha base de zahorra para regularizar o firme e logo, aglomerado en quente. A obra rematará coa sinalización e pintado mediante marcas viais reflexivas brancas.
A Voceira socialista do Goberno provincial subliñou que se trata dunha actuación “moi importante e demandada pola veciñanza porque esta vía enlaza coa estrada provincial LU-P-1502, que comunica co concello de Burela e o Hospital da Mariña”. Ademais, concretou que coas melloras nesta estrada “damos un servizo máis seguro e cómodo para os veciños e veciñas de Trasbar e de Castelo, pero tamén doutras parroquias da zona, xa que esta vía comunica cos campos de fútbol da Granda, en Rúa; e o da Chá, en Vilaestrofe; así como co Miradoiro de Monte Castelo, un dos atractivos turísticos da comarca da Mariña”, concluíu Pilar García Porto.
Apertura do prazo de axudas para asociacións
Na sesión desta mañá tamén se aprobou o último trámite administrativo para o pago dunha subvención por 6.000€ á Asociación Veciñal e Cultural Ruta do Ferro, no concello do Incio. A entidade resultou beneficiaria do Programa da Deputación para a Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios, e destinou os fondos á mellora e adecuación da pista do Monte Veciñal.
Con respecto a esta liña de axudas, anunciou Pilar García Porto a publicación no día de hoxe das bases no Boletín Oficial da Provicnia (BOP) para a convocatoria deste ano 2024. Polo tanto, a partir de mañá dábado, os interesados xa poden solicitar as axudas deste programa da institución que ten unha dotación económica de 300.000€, e que está dirixida ás entidades asociativas dos 67 concellos da provincia.
Poden solicitalas entidades asociativas, tales como asociacións e agrupacións de veciños e veciñas, comunidades de usuarios e usuarias de augas, comunidades de montes ou asociacións de gandeiros, agricultores ou produtores forestais da provincia, para realizar investimentos en inmobles ou para equipamentos que sirvan para mellorar a calidade de vida da veciñanza, e para fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal.
Venda dunha parcela no polígono de Baleira
A Xunta de Goberno deste venres aprobou a venda dunha nova parcela no polígono industrial A Rasela, situado em Baleira. Trátase dunha adxudicación directa da parcela número 8 á empresa OVAPISCIS S.A, por un importe total de 21.464€. Con esta nova venda, sinalou a Voceira socialista, “contribuímos a xerar maiores beneficios e oportunidades no municipio”.
Tras esta adxudicación, a día de hoxe a Deputación ten dispoñibles neste polígono 11 parcelas cunha superficie media de 1.000 metros cadrados, a un prezo que oscila entre os 18 e os 21 euros o metro cadrado.
Servizos e subministros por 1M€
Na reunión do Goberno celebrada hoxe saíu adiante a licitación de tres contratos para a prestación de diversos servizos e suministros da Deputación por un importe conxunto que ascende a máis dun millón de euros.
Por un lado, aprobouse o contrato para a prestación do servizo de mantenemento das instalacións térmicas, o control e prevención de lexionelosis e a desinfección nos 9 Centros de Atención de Maiores que a institución ten en funcionamento: en Trabada, Meira, Pol Castroverde, A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Navia de Suarna, Ribas de Sil e Ribadeo. O orzamento é de 139.700€ e o contrato terá unha duración de 15 meses.
Por outra banda, saíu adiante a licitación do contrato de mantenemento e desenvolvemento de novas ferramentas dixitais e actualizacións para o bo funcionamento da administración electrónica da Deputación, por un importe de 102.000€ e cunha duración de dous anos.
Acordouse tamén sacar a contratación as pólizas de seguros, en catro lotes: para danos en bens mobles e inmobles; a frota de vehículos e maquinaria; de vida e accidentes do persoal da institución; e para o gando vacún da Granxa Gaioso Castro. Neste caso, o orzamento base de licitación ascende a 939.146,30€ e a duración do contrato é de dous anos.
Así mesmo, en materia de contratos, quedaron adxudicados por case 33.000€ á empresa Agrícola Eustaquio, S.L os traballos de ensilado de herba para o gando da Granxa Gaioso Castro, por un período dun ano coa posibilidade de prorrogar por outro.





















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



