Alfoz, 8 de marzo, 2024. Dende o Concello de Alfoz programáronse diferentes actividades para celebrar o Día Internacional da Muller.
Esta semana do 8 de marzo a Casa do Concello estará tinguida de violeta como apoio a todas as mulleres.
“Neste tipo de conmemoracións téndese a traer conferenciantes ou artistas de fóra dos concellos cando o mellor exemplo o temos dentro” apunta Eliseo Lorenzo, delegado de Igualdade do Concello de Alfoz. Por este motivo, o 8 de marzo publicarase a I edición “Mulleres de Alfoz”, con infografías sobre mulleres relevantes do noso concello que serven de exemplo e foron pioneiras na súa vida profesional.
“Non foi doado facer unha selección para esta primeira edición xa que no noso concello contamos con mulleres de carácter que se abriron camiño con valentía e esforzo” afirma o concelleiro delegado de igualdade.
Ademais, o día 9 de marzo ás 17 horas na Casa da Cultura do Concello, terá lugar unha quedada que leva por nome “As mulleres a través do tempo” na que se analizará o papel da muller en diferentes épocas a través do intercambio de experiencias de vida das mulleres de Alfoz. Esta actividade estará aberta ao público en xeral na que se gozará dunha pequena merenda e haberá un agasallo para as persoas asistentes. Dende o Concello animan a participar ás veciñas e veciños neste encontro.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



