Entre outras actividades están previstas en colexios lucenses charlas sobre violencia de xénero ou a prevención de delitos sexuais, así como outras temáticas de interese para os escolares
Vilalba, 7 de marzo de 2024. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, participou na xornada arredor do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, organizada no marco do Plan Director da Garda Civil para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e a súa contorna. A actividade proposta foi a difusión do traballo que fan as mulleres dentro dos corpos da Garda Civil e a Policía Nacional, grazas á colaboración entre este plan e a Unidade de Participación Cidadán. A subdelegada recoñeceu que este tipo de charlas sobre mulleres son importantes xa que axudan a dar visibilidade a unha realidade crecente e a reducir o estigma de que estas profesións son tan só masculinas.
A subdelegada puxo en valor que todo o traballo que están a realizar e desenvolver estas axentes serve “para dar a coñecer a mulleres referentes que desenvolven a súa vida profesional en sectores nos que tradicionalmente non tiñan presenza algunha, amosando unha opción de futuro para as nenas lonxe de estereotipos sexistas”.
“Esta pode ser unha boa oportunidade para escoitar o seu día a día e como actúan e traballan na protección e defensa cidadá, un labor moitas veces invisibilizado e incluso infravalorado” declarou a subdelegada.
Interviron nas charlas Ana Isabel Caleya, sarxento de Seguridade Cidadá de Baralla; Sonia Yolanda Santiso, do Equipo de Investigación Tecnolóxica da UOPJ; Mª José Andia, do equipo de Intervención de Armas e Explosivos de Vilalba; e Jessica Veiga, de atestados do Subsector de Tráfico en Lugo.
Na xornada, preto de 200 alumnas e alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato mais o equipo docente do IES Santiago Basanta Silva de Vilalba, puideron botar unha ollada ás diferentes especialidades, formacións e cometidos que realizan estas axentes de Policía e Garda Civil nos seus postos e coñecer un pouco máis as súas funcións.
Máis formación para o alumnado
Esta é unha das moitas charlas e exhibicións que realiza á Garda Civil para escolares. Entre outras actividades están previstas en colexios lucenses charlas sobre Violencia de Xénero ou a prevención de delitos sexuais, así como outras temáticas de gran relevancia tamén como son as drogas e o alcohol, a ciberseguridade, acoso escolar ou a protección de datos, entre outros.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



