O BNG apoia as reivindicacións dos murenses e do Concello
Muras, venres 22 marzo. Cargos orgánicos e institucionais do BNG participaron na concentración no centro de saúde de Muras en demanda da consulta médica no mesmo, da que non pode dispoñer a veciñanza desde hai duas semanas. Desde esa data, o médico só acude esporadicamente a facer recetas, pois o Sergas procedeu a bloquear todas as consultas. O deputado no Parlamento Daniel Castro, o deputado provincial Daniel García e o responsable comarcal do BNG Antonio Veiga acompañaron á veciñanza e ao alcalde Manuel Requeixo na concentración reivindicativa.
Daniel Castro anunciou que levará ao Parlamento esta grave situación que atravesa o Concello de Muras “situación que non é moi diferente á que están atravesando outros concellos da contorna e de toda a comarca, ben sexa pola falta de médicos ou pediatras, como foron e son os casos de O Vicedo, Viveiro, A Pontenova, Riortorto……co cal queda patente unha vez máis o proceso de desmantelamento da atención primaria na comarca e no País” afirmou o deputado.
O alcalde Manuel Requeixo, na súa intervención ante a veciñanza recordou que o centro de saúde foi arranxado no 2022 con 262.524€ de fondos do propio concello sen que a Xunta puxera un só céntimo despois de telo prometido “e agora para máis burla quítanos o médico” afirmou. Insistíu tamén na continua perda de servizos dos concellos pequenos e a escasa colaboración da Xunta con eles, manifestando que “non podemos permitir a perda dun servizo máis, a Xunta tén que facilitar a vida a todas e todos os que viven no rural e un dos principais servizos é a atención sanitaria, por eso non lle imos permitir nin á Xunta nin ao PP ningún ataque máis a Muras”
























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



