Un Pescados Rubén Burela FS superior lévase o encontro ante un Ibiza que non deixou de pelexar ata o minuto 40
Burela, 30 de marzo, 2024. O conxunto masculino do Pescados Rubén Burela FS disputou o encontro da xornada 25, esta tarde ás 18.45h no pavillón municipal Vista Alegre de Burela ante o UD Ibiza Gasifred Ciutat D’Eivissa FS. Coa volta a pista de Pitero e Rikelme na casa, o conxunto mariñán logra 3 puntos nun pavillón con ao redor de 900 espectadores, presidido polo Vicepresidente da RFGF, Pablo Prieto. O conxunto balear, ascendido esta tempada, chega a Burela cunha segunda volta complicada pero na que está demostrando un espírito moi loitador, gañando o último partido na casa ante o Bisontes Castellón e rozando o empate ante o segundo clasificado, o Sala 10 Zaragoza, na anterior. Tamén fixo fronte ao Atlétic Barça e ao Full Enerxía en Zaragoza. Un equipo que podía sorprender e que o deu todo, xerando numerosas ocasións ante un rival superior que non se deixou levar e no que o reforzo de Rikelme e Pitero se comeza a notar de forma sobresaíente.
Comeza o encontro cos dous “protagonistas” de hoxe formando parte do quinteto inicial, tras a primeira rotación, que será completa, na que saen a pista Lucho, Quelle, Alberto e Ismael, chega o 1-0 cun gol de Quelle ao segundo pau. Presiona o Eivissa durante uns minutos con varias situacións perigosas como un lanzamento de falta indirecta por unha misteriosa cesión na área local sen conseguir o empate. O equipo local non se conforma e pronto recupera as rendas do encontro. Un remate de Lucho no minuto 10 a pase de Ismael que se vai fóra ben puido ser o segundo tanto da tarde. No minuto 18 Rikelme volve tentalo cun disparo frontal desde fóra da área que detén Ferreyra e outra de Quelle que chega nunha contra xunto a Isma pero de novo Ferreyra fai unha gran intervención. A 33 segundos do descanso Jose Fernández solicita tempo morto para unha última xogada que será un saque de esquina que non logran aproveitar.
No segundo tempo o Burela sae con forza e no minuto 25 Charly consegue o segundo nunha xogada individual tras un elegante caneo ao porteiro rival e un minuto despois o xogador andaluz volve facer nunha contra conseguindo o 3-0 para o conxunto laranxa. Os baleares non se renden e no 27 chega o 3-1 cun gol de Buitre ao segundo pau. No minuto 31 Rikelme dispara ao pau levantando a todos os asistentes da bombonera e un minuto despois conségueo cun golazo de vaselina a pase de Pitero. Ataca o conxunto visitante con Ixemad de porteiro-xogador e chega o quinto a portería baleira nun disparo larguísimo de Alberto. Continúa a presión con xogo de 5 e o Ibiza Gasifred consegue o segundo cun remate de Charly. O encontro remata con +3 para o conxunto laranxa que unha vez máis demostra a súa fortaleza e actitude nun Vista Alegre, como cada sábado, moi animado.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS 5-2 UD Ibiza Gasifred Ciutat D’Eivissa FS
Pescados Rubén Burela FS (5): Kaluza; Pitero, Rikelme, Isma, Charly -quinteto inicial-, Lucho (C), Quelle, Alberto, Ismael, Á. García, Malaguti, Flethes.
UD Ibiza Gasifred Ciutat D’Eivissa FS (2): Ferreyra; S. Marrupe, Vicent Valdés, Charly, Buitre -quinteto inicial-, Gastaldi, Ixemad, Jason, Iker FV, C.Rodríguez, Bernardino, Oussama.
Goles: 1-0, min. 3: Quelle. 2-0, min.24: Charly. 3-0, min.25: Charly. 3-1, min.26: Buitre. 4-1, min.31: Rikelme. 5-1, min.33: Alberto. 5-2, min.37: Charly.
Árbitros: Rubén Miguel Velasco, Jesús Montero Galán, Daniel López López, Eva López Seijas.






















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



