A incorporación destes dous profesionais con praza fixa é posible grazas á resolución dun concurso de méritos realizado a través da Lei 2/2022 de medidas extraordinarias para a provisión de postos de difícil cobertura aprobada no Parlamento de Galicia
Vilalba, 6 de marzo de 2024. “O Goberno galego demostra o compromiso con Vilalba e coa sanidade pública con feitos”, segundo destacan os populares. “Tras convocar un procedemento para a cobertura de pediatras de atención primaria, neste mes de marzo incorporaranse dous profesionais con praza fixa ao centro de saúde de Vilalba que está previsto que atendan en horario de mañá”, explican. “É unha boa nova para as familias vilalbesas que levabamos tempo agardando e que agora se fai realidade”, subliñan.
Isto é posible grazas á resolución dun concurso de méritos para prazas sanitarias que levaban tempo vacantes -que incluía 60 prazas de pediatras en centros de saúde e 12 en hospitais comarcais- e que se realizou a través da Lei 2/2022 de medidas extraordinarias para a provisión de postos de difícil cobertura, aprobada no Parlamento de Galicia co voto en contra de BNG e PSdeG.
É dicir, “se fora por socialistas e nacionalistas non sería posible contar con esta praza de pediatría cuberta no centro de saúde de Vilalba”. Os populares destacan, polo tanto, “a vontade do Goberno galego para buscar solucións ante a falta de médicos e pediatras”; mentres que “a única aportación do PSOE e do BNG é a crítica”. É máis, “tampouco lle esixen ao Goberno central que permita a Galicia formar máis médicos que é algo que si está nas súas mans, pero que non fai nin en Galicia nin no resto de comunidades do Estado que tamén sofren a falta de profesionais”.
A lei aprobada no Parlamento galego cos votos do PP incentiva a cobertura das prazas de difícil cobertura ao ofrecer o maior nivel de estabilidade laboral, obtendo unha praza fixa en propiedade, cun sistema de acceso máis sinxelo e áxil: un concurso de méritos que non require exame de oposición.




















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



