Ribadeo, 15 de marzo de 2024. Ribadeo modificará o regulamento dos cemiterios municipais e inicia o expediente para a aprobación da bandeira do municipio. Estes asuntos foron abordados nas comisións de infraestruturas e asuntos xerais celebradas nas últimas horas.
O alcalde, Dani Vega, contou que “na pasada noite celebramos dúas comisións. A primeira delas foi a de medio ambiente, medio rural e infraestruturas. Falamos dos cemiterios municipais. O que levamos a debate e o que propuxemos á Corporación é modificar o regulamento dos cemiterios municipais co obxectivo de axilizar e darlle solución a un problema que tiña Ribadeo, a un problema importante para moitas familias e moitas persoas que carecen dunha sepultura, dun nicho”.
O rexedor dixo que “hai unha demanda real, é un vello problema ao que hai que darlle unha solución e este Concello o que quere é solucionar os problemas. Neste momento unha persoa que ten un nicho non pode, senón quere seguir con ese nicho, entregarllo a outra persoa, soamente pode entregarllo a un familiar. Cando moitas persoas veñen a este Concello demandar un nicho non lles podemos dar unha solución porque non temos neste momento mais capacidade”.
Vega anunciou que “o que imos facer é que esa persoa que non quere seguir con esa sepultura poida entregarlla á propiedade, que é Concello. E o Concello fará un sorteo público entre os demandantes dun nicho. Creo que é o máis transparente e correcto que hai que facer. Consultados os técnicos municipais foi a solución que lle vimos todos e tamén a Corporación Municipal por unanimidade na comisión aprobou esta proposta. O seguinte paso será construír máis sepulturas, máis nichos, porque se precisan, dado que hai moitas familias que non teñen en posesión un nicho e queren telo para o día de mañá”.
O alcalde relatou que “na comisión de facenda e asuntos xerais abordamos temas como o inicio do expediente para a aprobación da bandeira deste municipio. Ribadeo carece dunha bandeira. En redes sociais cando se busca o nome deste concello aparece unha imaxe dunha bandeira, que nin está aprobada e non ten ningunha lexitimidade nin rigor histórico e non podiamos seguir así. Temos escudo, pero non temos bandeira de Ribadeo. Todos os partidos con representación na Corporación Municipal aprobamos iniciar ese expediente e tamén aprobamos por unanimidade que sexa unha comisión municipal a que se encargue deste asunto. Estará formada pola comisión de asuntos xerais, representando a todos os partidos políticos, o cronista oficial de Ribadeo e tamén convidaremos ao Instituto Padre Sarmiento, á dirección xeral de Administración Local e abrimos a posibilidade de incluír a outros organismos e institucións. De momento quedamos así e no vindeiro pleno aprobaremos quen terá presenza nesa comisión municipal para iniciar o expediente de aprobación da bandeira de Ribadeo”.
Obradoiros de emprego
Dani Vega indicou que “tamén aprobamos dous temas moi importantes, os obradoiros de emprego. Un deles dual, con parte teórica e prácticas nas empresas. Denomínase Constrúe en Verde e imos facer un obradoiro de albanelería e de almacén. Era unha demanda que había desde as empresas: a falla de man de obra neste sector e pensamos que hai que darlle unha solución. E o seguinte obradoiro é de garantía xuvenil. Denomínase Máis emprego e versará sobre medio ambiente e animador socio cultural”.
O alcalde subliñou que “é un traballo conxunto entre os Concellos de Barreiros e de Ribadeo e quérolle agradecer ao Concello de Barreiros todo o seu traballo e a súa dedicación. É importante que dous Concellos traballen conxuntamente, aínda que teñamos diferentes cores políticas. Iso non nos debe confundir, todo o contrario, creo que hai que sumar a opinión de todos, que é o realmente importante. Imos liderar conxuntamente estes dous obradoiros de formación e de emprego, que eu creo que é moi importante incidir nestes temas”.
E engadiu: “foron comisións importantes as que celebramos onte. Creo que así seguiremos traballando nesta unión conxunta como Corporación Municipal para traballar polo ben de Ribadeo”.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



