Ribadeo, 30 de abril de 2024. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo felicita ao Parador de Turismo por gañar, coas súas tapas salgada e doce, a décimo oitava edición do concurso gastronómico Ribadeo de Tapeo.
Desde a directiva de ACISA sinalan: “queremos felicitar a todos los premiados en el Ribadeo de Tapeo 2024, organizado por el Concello, en especial a nuestros asociados. Las tapas del Parador de Turismo han sido elegidas por un jurado profesional como las mejores de esta edición, tanto en la versión dulce como en la salada. El segundo premio ha sido para otro establecimiento miembro de ACISA, Ramonita; y además recibió una mención especial Kalpa Amodiño, también asociado nuestro. Felicidades a todos y les animamos a seguir trabajando en esa línea”.
E engaden que “en la creación de cada tapa hay mucho trabajo detrás y eso es lo ha premiado el jurado profesional del Ribadeo de Tapeo, certamen en el que de las diez tapas finalistas ocho fueron presentadas por locales asociados a ACISA Ribadeo”.
Día da nai
ACISA Ribadeo celebra o Día da Nai sorteando unha experiencia para dúas persoas denominada Entre burbullas, a escoller entre 300 estancias, e unha xoia exclusiva de Galería Terra Branca, que é un colgante de praia de lei con madreperla.
Desde a directiva do colectivo empresarial lembran que “todas aquellas personas que hagan sus compras en los establecimientos asociados hasta el 5 de mayo tendrán la posibilidad de entrar en el sorteo de estos regalos, que tendrá lugar el 6 de mayo”.
Ademais o vindeiro domingo, Día da nai, ACISA repartirá flores polas rúas de Ribadeo “para tener un detalle con las mamás, como ya se hizo en años anteriores”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



