O titular do Mar en funcións clausura a xornada organizada por Acerga
Sada (A Coruña), 5 de abril de 2024. O conselleiro do Mar en funcións, Alfonso Villares, reclamou unha revisión á alza das cotas pesqueiras establecidas en augas comunitarias para este ano. Así o manifestou no salón de plenos da Casa do Concello de Sada que acolleu o acto de clausura da VII Xornada da Frota do Cerco organizada por Acerga, onde tamén declarou como un dos eixos fundamentais da nova lexislatura a mellora das posibilidades de pesca para o conxunto de todas as frotas.
O titular de mar sostivo esta demanda no contido do ditame emitido polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) que avala a decisión adoptada polos 27 na que se fixaban os TAC no 2020. No documento sinálase que as posibilidades de pesca poden ser superiores ás que recomendan os científicos para non ameazar a actividade da frota sempre da man de ditames que indiquen que a mesma é compatible co estado biolóxico das poboacións de peixes, co emprego e modo de vida das xentes do mar. Alfonso Villares recordou que as cotas aprobadas para este ano e o 2025 estiveron fortemente condicionadas ante a posibilidade dun fallo xudicial adverso que non se deu, polo que reclamou un revisión á alza do conxunto de cotas.
Nesta liña, o conselleiro puxo en valor a necesidade dunha política pesqueira comunitaria responsable e equilibrada dirixida a unha tripla sustentabilidade: a medio ambiental, a social, e a económica. Un equilibrio que vai en liña das demandas trasladadas polo Goberno galego co obxectivo de propiciar un marco adecuado para seguir avanzando na xestión sostible dunha actividade pesqueira rendible e competitiva dun sector que é estratéxico na economía galega en termos de xeración de riqueza e emprego.
Retos futuros
O evento contou da man de expertos, representantes gobernamentais e institucionais con tres relatorios sobre ‘A EFCA e a explotación sustentable das pesqueiras de pequenos peláxicos`, outro baixo o título ‘Estado actual do stock de sardiña en augas de Galicia e Cantábrico’, e o último que tratou as ‘Estratexias de adaptación das pesqueiras de peláxicos ao cambio climático’. O obxectivo foi para analizar a situación actual desde o punto de vista comercial, ambiental e xurídico así como abordar os retos de futuro polos que atravesa o sector.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



