Santiago de Compostela, 12 de abril de 2024. O Comité de Dirección do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, reunido o 11 de abril, manifesta a súa «preocupación» pola xestión e transparencia do proxecto industrial no concello lugués de Palas de Rei. Os últimos avances no proxecto para a implantación dunha industria de fibra téxtil a base de celulosa e as súas infraestruturas asociadas, promovido por Greenfiber, S.L. —declarado proxecto industrial estratéxico (PIE) pola Xunta de Galicia—, veñen xerando máis dúbidas ca certezas.
CCOO constata as «grandes potencialidades» dos proxectos industriais en Galicia baseados na utilización dos recursos endóxenos «e, polo tanto, dificilmente deslocalizables». Aspira a dar pasos para unha industria «sostible, resiliente, moderna e respectuosa co medio ambiente e que aposte polas enerxías renovables», que contribuirán a desenvolver a capacidade tecnolóxica, reforzando os medios para desenvolver políticas de prevención do risco químico.
Debe establecerse unha estratexia integrada para a produción industrial limpa, baseada na prevención da contaminación, na xeración de menos residuos e potenciar o desenvolvemento rural a partir da xestión sostible dos recursos naturais e dos bosques, incluído o aproveitamento enerxético da biomasa.
O proxecto industrial de Greenfiber, S. L. en Palas de Rei —coma calquera outro tipo de actividade dunha empresa— «ocasiona un impacto negativo sobre o medio ambiente que deberá ser minimizado» para cumprir cos obxectivos da loita contra o cambio climático (Acordo de París) e do desenvolvemento sostible (Axenda 2030). A Xunta de Galicia e o resto de Administracións públicas implicadas deben actuar para previr e reducir os impactos ambientais que este PIE sen dúbida pode provocar, asociados ao consumo de enerxía, de auga, e de materiais; á xeración de residuos e á dependencia do transporte.
CCOO manifesta tamén a súa «preocupación pola redución dos recursos hídricos que sufrirá o río Ulla» como consecuencia do proceso produtivo do proxecto de Greenfiber, que se podería sumar nun futuro ás diminucións medias en España —segundo os expertos, entre un 5 % e un 14 % para o horizonte do 2030—. Porén, este PIE de Palas de Rei «ten que axustar os usos e consumos de auga á dispoñibilidade dos recursos», subliña o sindicato.
A implantación desta industria debe abordar «de maneira equilibrada» as tres dimensións do proxecto: a económica, a ambiental e a social. «Pode ser un erro pretender dar máis valor á dimensión económica e/ou xeración postos de traballo ca ás outras ou viceversa», incide o sindicato. CCOO insta a todos os axentes implicados a valoraren de maneira «equilibrada e obxectiva» o proxecto de Greenfiber, S. L. e a traballar na viabilidade dunha industria necesaria «pero non a calquera prezo».
Neste sentido, CCOO manifesta a necesidade de que o proxecto sexa máis sostible, de baixo impacto co medio ambiente e a biodiversidade e con garantías de estabilidade e de futuro para as persoas traballadoras. «O actual modelo é un insaciable consumidor de recursos naturais que, unha vez transformados e consumidos, convértense en residuos, xeralmente destinados a vertedoiros». Por esta razón, hase transformar nun modelo circular e pechado, «onde os produtos, desde a súa concepción, sexan deseñados para que, unha vez utilizados, poidan ser reutilizados ou destinados para a súa transformación noutros novos».
A dirección de CCOO en Galicia, tras a reunión mantida na Coruña con Greenfiber o pasado 10 de abril para coñecer o proxecto desde a parte promotora, continuará mantendo contactos coas Administracións e axentes sociais, «xa que non existe nestes momentos a suficiente información para un apoio á planta que garanta o equilibrio necesario entre os intereses económicos, a protección do medio ambiente e a aceptación social da poboación afectada».
Este proxecto industrial, «do mesmo xeito que outros que esperamos que cheguen» —apunta CCOO—, «sitúanos como sociedade fronte a un reto de enorme magnitude que require do máximo esforzo e implicación por parte de todos os axentes sociais». Como sociedade «temos unha oportunidade» para demostrar que posuímos capacidades suficientes para evitar o cambio climático, a degradación do medio ambiente e a escaseza de recursos, pero esta situación —que entraña múltiples dificultades— «pode supoñer tamén a oportunidade para afrontar dunha vez por todas os cambios que necesita o modelo produtivo galego para avanzar cara a un máis sostible e enerxeticamente máis eficiente; apostando ao mesmo tempo pola transición xusta e os empregos de calidade».
Por todo isto, CCOO insta as Administracións públicas, partidos políticos, organizacións sindicais e empresariais, organizacións sociais, cidadanía e persoas traballadoras, «cada un no seu ámbito de actuación», a que asuman un «compromiso de país» e adopten as medidas e comportamentos necesarios para dar resposta a unha necesidade evidente de xerar novas formas de actividade económica que permitan a creación de postos de traballo.
Actividades que estarán ligadas á sostibilidade ambiental das empresas e á resposta e adaptación destas fronte aos cambios necesarios no actual modelo produtivo. «É a Xunta de Galicia, desde a transparencia e bo goberno, quen ten a obriga de buscar os consensos necesarios para que a industria que se pretende implantar no Concello de Palas de Rei, non só se xustifique por unha necesidade económica ou de xeración de postos de traballo, senón que sexa socialmente aceptada e ambientalmente sostible», conclúe CCOO.





















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



