No caso da rúa Lamestra, estanse a realizar nela uns traballos de humanización a carón do parque, dos que se agarda que estean finalizados antes das festas patronais de Burela
Burela, 30 de abril de 2024. O Concello de Burela informa dos cortes de tráfico na rúa Lamestra e na rúa do Correo, que se manterán nas vindeiras semanas con motivo das obras que se están a desenvolver en ambas vías.
No caso da rúa Lamestra, estanse a realizar nela uns traballos de humanización a carón do parque, dos que se agarda que estean finalizados antes das festas patronais de Burela.
Ademais, a Policía Local avisou de que, para facilitar chegar á rúa Pardo Bazán desde a rúa Rosalía de Castro, dentro duns días cambiará o sentido de circulación na rúa Cova Moura, algo do que se informará de xeito convinte nos días anteriores.
Por outra banda, na rúa do Correo vaise realizar unha actuación de urxencia para arranxar un socavón presente debaixo da estrada, de novo antes da celebración das festas patronais.
O carril afectado xa se atopa inhabilitado e sinalizado. Actualmente se está tramitando un contrato de emerxencia co obxectivo de comezar as obras esta semana ou a semana que vén.
“Ao detectar o socavón nunha vía tan importante para a celebración das festas, puxémonos a traballar inmediatamente, tanto para evitar os riscos derivado da súa presencia como pola proximidade dunhas datas tan sinaladas”, explicou o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey.
“Trátase dunha obra sinxela pero que ten as súas particularidades, posto que por alí pasan liñas eléctricas de alta tensión, e isto isto dificulta a obra”, sinalou o edil. “Estamos á espera dunha análise máis profunda para comprobar ademais que non haxa problemas de filtracións de auga”, engade.
“Irase informando do desenvolvemento destes traballos dende as redes sociais do Concello e da Policía Local”, indicou Fernández Rey. “Pedímoslle paciencia á veciñanza, xa que é necesario realizar estas obras canto antes para evitar males maiores”, concluíu.






















A actividade rematou coa creación dun xardín de planta de tempada a base de Cyclamen na contorna do parque Reina Sofía.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



