Foz, 29 de abril de 2024. A vila focega e as parroquias de Cangas e Vilaronte acollerán actividades do programa Xunt@s, promovido pola Deputación de Lugo.
A concelleira de Servizos Sociais e Benestar, Ana Rojo, anuncia que “Foz novamente colabora coa Deputación provincial de Lugo e volve traer actividades do programa Xunt@s, no que se contemplan varias liñas de actuación que puxo en marcha a Deputación de Lugo neste ano 2024 para impulsar a participación cidadá e o asociacionismo na nosa provincia”.
Ana Rojo especifica: “novamente comezamos coas xornadas de prevención e promoción da saúde, retomamos a charla de envellecemento activo e prevención das patoloxías psicolóxicas e cognitivas, charla que tivo que ser suspendida a comezos deste mes de abril por problemas de índole persoal do ponente e que se impartirá este venres, día 3 de maio, de 18 a 20 horas no salón de actos da Casa de Cultura de Foz. A seguinte xornada tratará sobre a saúde ósea e prevención da osteoporose, sarcopenia (perda masa muscular, problemas de equilibrio) e prevención das caídas, que será impartida pola doutora Noelia Álvarez Rivas, reumatóloga do Hospital da Costa, no salón de actos da casa de cultura o día 8 de maio na mesma franxa horaria de 18 a 20 horas”.
A concelleira de Servizos Sociais engade que “ademais haberá xornadas con actividades grupais de deporte, como ximnasia de mantemento, con exercicios para gañar forza e flexibilidade, traballando os diferentes grupos musculares. Esta actividade impartirase no Centro Cívico da parroquia de Cangas a partir do 8 de maio dous días á semana, mércores e xoves, en horario de 17 a 18 horas, durante os meses de maio e xuño. Tamén se impartirá un curso básico de smartphone (TIC) no Centro Cívico da parroquia de Vilaronte os días 2 e 3 de maio, en horario de 11 da mañá a 13 horas.
Trataranse diversas materias moi interesantes: como conectarse a unha wifi, utilidade da aplicación Sergas móbil para pedir citas médicas, fotos, audios e mensaxes de texto por whatsapp, facebook etcétera. Búscase rachar a brecha dixital, favorecendo un maior aproveitamento desta ferramenta tecnolóxica, e sacarlle un mellor partido ó noso móbil”.
O alcalde, Fran Cajoto, explica que “todas estas xornadas e actividades son de carácter gratuíto e poden participar veciñ@s de todas as parroquias. Son unha iniciativa provincial que xurde para promover actuacións grupais nos concellos, que van encamiñadas para que sirvan como reforzo individual para combater a soidade, o estrés ou a ansiedade, mellorando a sociabilidade cara a un mellor benestar psicolóxico da poboación”.
“Esperamos unha boa participación, que sexa do agrado e interese de tod@s e poder disfrutar de actividades nas que se reforcen os arraigamentos e promovan os encontros entre a veciñanza. Agradecemos á Deputación de Lugo a promoción destas actividades que reverten directamente sobre a poboación e o seu benestar físico e psíquico”, remata o rexedor municipal.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



