Ribadeo, 30 de abril, 2024. O BNG de Ribadeo presenta esta semana unha moción para debater no próximo pleno ordinario para que o Concello inste á Xunta e ao SERGAS a recuperar o servizo de pediatría de xeito permanente. E que, así mesmo, se garanta deste xeito que se cubran as ausencias da titular da praza de pediatría do Centro de Saúde de Ribadeo todos os días laborables do ano.
Como explicou a concelleira do BNG Raquel Ferreira, esta situación comezou “o 5 de Decembro de 2023 cando a profesional titular da praza do servizo de pediatría no Centro de Saúde de Ribadeo comezou unha Incapacidade Temporal por enfermidade. Desde ese día Ribadeo atópase sen un servizo de pediatría permanente. Isto implica que 960 nenas e nenos de Ribadeo e do veciño concello de Trabada non dispoñen da asistencia sanitaria especializada que merecen e á que teñen dereito por lei”.
“A solución provisional por parte do Sergas é a cobertura de pediatría un só día á semana cun profesional desprazado doutro centro, polo que os nenos de Ribadeo e Trabada se atopan 4 días da semana sen pediatra que os atenda. No seu lugar son derivados a médicos de familia que carecen da especialidade de pediatría e que pasan a engrosar aínda máis as súas xa de por sí apretadas axendas. Como consecuencia están a sufrir retrasos na atención e adiamentos continuos das revisións do Programa do Neno San”.
Levando esta moción ao pleno, o BNG pretende crear unha postura común entre todos os partidos representados na corporación municipal. Raquel Ferreira tamén explicou que: “Intentamos buscar a unanimidade ante o que consideramos un problema grave que afecta a un grande número de familias do noso concello e dos concellos veciños e sobre o que non debería haber diferencias políticas, a solución só pode vir da Xunta e por iso llo reclamamos a esa administración.”




















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



