O Valadouro, 9 de abril 2024. As veciñas e veciños de O Valadouro atopáronse hoxe coa desagradable sorpresa de que están sen médico no centro de saúde da localidade. Os pacientes que se achegaron hoxe ao centro encontráronse coa ausencia do facultativo, sendo informados polo persoal do centro que tiñan que acudir ao centro de saúde de Alfoz en caso de urxencia ou ao PAC de Burela, porque ata luns non haberá cita presencial. Os veciños que se desprazaron ata Alfoz foilles dada cita telefónica.
Desde o BNG local esixen a inmediata cobertura da praza, e desprazáronse ata o centro de saúde, donde acompañados de veciñas e veciños colocaron unha faixa na entrada co seguinte texto “O Valadouro na defensa da Atención Primaria. Prazas cubertas sempre¡”
O portavoz do BNG, Eduardo Chao, manifestou que o que acontece coa sanidade e coa Atención Primaria na comarca e especialmente no Valadouro non é de recibo “se esta é a Galicia que funciona, apaga e vámonos, porque o Valadouro leva tempo sufrindo o desastre que o PP tén montado na Atención Primaria, porque a veciñanza do Valadouro non esquece que eles foron tamén os que suprimiron aquí o servizo de pediatría”.
Afirmou tamén que a Xunta segue a desatender os servizos dos concellos pequenos e a escasa e “non podemos permitir a perda dun servizo máis, a Xunta tén que facilitar a vida a todas e todos os que viven no rural e un dos principais servizos é a atención sanitaria, por eso non lle imos permitir ao PP ningún ataque máis á atención primaria no noso concello”






















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



